Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Héctor Vizoso Durán · 8180
    Hai 2 anos · Traductor · Ferrol
  2. Yolanda · 8179
    Hai 2 anos
  3. Luz Vidal · 8178
    Hai 2 anos · Salamanca
  4. Oscar Lamas Longarela · 8177
    Hai 2 anos · A Coruna
  5. Elías Silva · 8176
    Hai 2 anos · Peofesor · Compostela
  6. Pilar Alonso · 8175
    Hai 2 anos · Ames
  7. Carolina Meizoso · 8174
    Hai 2 anos · Música, poeta, ... · Ferrol
  8. Jorge Ramallo Paz · 8173
    Hai 2 anos · Ribeira
  9. Sonia Díaz Pereiro · 8172
    Hai 2 anos · Xornalismo · Brión
  10. Lucía Filloy López · 8171
    Hai 2 anos · Oleiros
  11. David Villar Docampo · 8170
    Hai 2 anos · Profesor de ensino secundario · A Coruña
  12. Begoña Ares Calvo · 8169
    Hai 2 anos · Asesora xurídica · Rois
  13. Alberte Branco · 8168
    Hai 2 anos · Contable · A Corunha
  14. Lola López · 8167
    Hai 2 anos · Profesora · Chantada
  15. Xulio Maside Rodríguez · 8166
    Hai 2 anos · Santiago de Compostela

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra