Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Maria Socorro González Otero · 8270
    Hai 3 anos · Psx · Lira -Carnota
  2. Carla f · 8269
    Hai 3 anos
  3. Paula Bergantiños Xove · 8268
    Hai 3 anos · Profesora · Santiago
  4. XOSÉ LOIS ROMERO FALQUE · 8267
    Hai 3 anos · Funcionario · VIGO
  5. Maria do Mar · 8266
    Hai 3 anos · Administrativa · Trasmiras
  6. Martín Touceda González · 8265
    Hai 3 anos · Cenlle
  7. Tania verdura constenla · 8264
    Hai 3 anos · Naturópata · A estrada
  8. Daniel Cambeiro · 8263
    Hai 3 anos · A Coruña
  9. Dolores Lopez Cayon · 8262
    Hai 3 anos · Sanidade · Friol
  10. Carlos Saco Rivera · 8261
    Hai 3 anos · Currante · Pereiro de Aguiar
  11. Xan Torres García · 8260
    Hai 3 anos · Santiago DC
  12. Eva Ramos Luis · 8259
    Hai 3 anos · Compostela
  13. Sabela Montero Tenreiro · 8258
    Hai 3 anos
  14. Jennifer Gil · 8257
    Hai 3 anos · Estudante · A Coruña
  15. GERMAN · 8256
    Hai 3 anos · Traballador de apoio · Arteixo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra