Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Antón Iglesias Pan · 8300
    Hai 3 anos
  2. IRIA ARNEJO CALVIÑO · 8299
    Hai 3 anos · Opositora · Santiago de Compostela
  3. Jorge Pardellas Soto · 8298
    Hai 3 anos · Estudante · A Arnoia
  4. Iria Fernández Moscoso · 8297
    Hai 3 anos · Docente
  5. Xerome Calero · 8296
    Hai 3 anos · Actor e director teatro, e dobraxe · Vigo
  6. Iris Gey López · 8295
    Hai 3 anos · Profesora · A Coruña
  7. Xulio Mariño Ruiz · 8294
    Hai 3 anos · Xubilado · Cangas
  8. Pablo blanco teijeiro · 8293
    Hai 3 anos · Informático · Ames
  9. María Rey Caamaño · 8292
    Hai 3 anos · Avóa · Lira Carnota
  10. Ramón Rodríguez Cardoso · 8291
    Hai 3 anos · Estudante · Vigo
  11. Lidia Vicente Lorenzo · 8290
    Hai 3 anos · Administrativa · Santiago de Compostela
  12. María Ortega Iñarrea · 8289
    Hai 3 anos · Moaña
  13. Teresa Vázquez · 8288
    Hai 3 anos · Ourense
  14. Juan Carlos Codesido García · 8287
    Hai 3 anos · Profesor de formación profesional · Teo
  15. Alvaro · 8286
    Hai 3 anos · Arzúa

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra