Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Ana María Durán Penabad · 8315
    Hai 3 anos · Funcionaria · Pontevedra
  2. Sabela Pérez Martín · 8314
    Hai 3 anos · Integradora Social · Galicia
  3. Cristina Vindel González · 8313
    Hai 3 anos · Asesora de Empresas · Milladoiro - Ames
  4. Ángel Perotti Abad · 8312
    Hai 3 anos · Libreiro · Ourense
  5. Esperanza delgado rosende · 8311
    Hai 3 anos · Funcionaria · Santiago
  6. Carlos Manuel Callón Torres · 8310
    Hai 3 anos · Profesor · Ribeira
  7. Víctor López Mosquera · 8309
    Hai 3 anos · Masaxista · Sada
  8. Ángel Fernández Castro · 8308
    Hai 3 anos · Servizos financieiros · Rianxo
  9. Pablo Alén Martínez · 8307
    Hai 3 anos · Community Manager · Mondariz
  10. Raquel López · 8306
    Hai 3 anos
  11. Xulia Martínez Pedreira · 8305
    Hai 3 anos · Ensino · A Coruña
  12. Carmen Pérez Hernández · 8304
    Hai 3 anos · Xubilada · Chantada
  13. Elvira Moroño Suárez · 8303
    Hai 3 anos · mestra · Ourense
  14. Pablo Lombao Vázquez · 8302
    Hai 3 anos · Consultoría · Santiago de Compostela
  15. Amparo Pérez · 8301
    Hai 3 anos · Santiago

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra