Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Antía López Arias · 8330
    Hai 3 anos · Castroverde
  2. Uxía Varela Expósito · 8329
    Hai 3 anos · Arquitecta · Melide
  3. María Tereixa Paz Franco · 8328
    Hai 3 anos · Funcionaria de Xustiza · Barbadás
  4. Sara Seco Rial · 8327
    Hai 3 anos · Valga
  5. Sara Álvarez Gurdiel · 8326
    Hai 3 anos · Estudante universitaria · Sada
  6. Ana Vázquez Rodriquez · 8325
    Hai 3 anos · Auxiliar de optica · Chantada
  7. Socorro Dacosta Fernández · 8324
    Hai 3 anos · Xubilada · Baiona
  8. María José Campello Iglesias · 8323
    Hai 3 anos · Jubilada · Ferrol
  9. Silvia Vázquez Ordás · 8322
    Hai 3 anos · Estudante · Santiago de Compostela
  10. Jesús Reboredo Gestal · 8321
    Hai 3 anos · Xubilado · A Coruña
  11. Miguel Anxo Malvido Cabirto · 8320
    Hai 3 anos · Sindicalista · Gondomar
  12. Ricardo Bellas Murias · 8319
    Hai 3 anos · Xubilado · O Barqueiro
  13. Paulo Cabral Pedreira · 8318
    Hai 3 anos · Bibliotecario · Baiona
  14. Estefanía López Alonso · 8317
    Hai 3 anos · Veterinaria · Chantada
  15. Claudia Quintela · 8316
    Hai 3 anos · Profesora de Filosofía · Santiago

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra