Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Rosendo Alonso Costas · 8345
    Hai 2 anos · Mestre · Vigo
  2. Iolanda Rodríguez González · 8344
    Hai 2 anos · Docente · Vigo
  3. Mª do Carme Parada Maroño · 8343
    Hai 2 anos · Docente · Cambre
  4. Xosé Luís Rivera Jácome · 8342
    Hai 2 anos · Mestre · A Coruña
  5. Mª Teresa Villaverde Amoedo · 8341
    Hai 2 anos · xubilada · Pontevedra
  6. Pablo Fernández Ans · 8340
    Hai 2 anos · Aparellador · A Coruña
  7. Xosé Antón Pedreira Mirás · 8339
    Hai 2 anos · Axente cultural · Santiago de Compostela
  8. Pablo Montes silva · 8338
    Hai 2 anos · Estudante · Porto do son
  9. Daniel González Martínez · 8337
    Hai 2 anos · Melide
  10. Elvira Lago Mariño · 8336
    Hai 2 anos · Mestra · Gondomar
  11. Sara González · 8335
    Hai 2 anos
  12. Xaime Iglesias González · 8334
    Hai 2 anos · Xubilado · Pontevedra
  13. Óscar Amor López · 8333
    Hai 2 anos · Funcionario · A Coruña
  14. Sara · 8332
    Hai 2 anos · Vilalba
  15. Marcos Grijó Guzmán · 8331
    Hai 2 anos · Comunicacións · Cerceda

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra