Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Anxo Faro · 7850
    Hai 2 anos · Automoción eléctrica · Mondariz
  2. Cibrán Souto Torregrosa · 7849
    Hai 2 anos · Estudante · Carnota
  3. Lidia Iglesias Vaamonde · 7848
    Hai 2 anos · Músico · Touro
  4. Inacio Xesús López da Osa Ximénez · 7847
    Hai 2 anos · Enxeñaría de montes · A Coruña
  5. Rosalía Pumares · 7846
    Hai 2 anos · Estudante · Vigo
  6. Héctor Hermilla Peña · 7845
    Hai 2 anos · Funcionario · Ourense
  7. moises centeno · 7844
    Hai 2 anos · Autónomo · Cataluña
  8. Melanie Arias Puccio · 7843
    Hai 2 anos · Administrativa · Oimbra
  9. Xosé Ramón Alonso Priegue · 7842
    Hai 2 anos · Profesor ensino secundario · Vigo
  10. Isabel Suárez Agra · 7841
    Hai 2 anos · Administrativa · Vilanova de Arousa
  11. Eladino Cabanelas Fernández · 7840
    Hai 2 anos · Deseño Grafico · O Carballiño
  12. Saúl Patinho Rodrígues · 7839
    Hai 2 anos · Son · Corunha
  13. Maria Jesus Ferreiro Caamano · 7838
    Hai 2 anos · Zas
  14. Paulo Filgueiras Fachal · 7837
    Hai 2 anos · Profesor · Miño
  15. Marcos Vigo Novo · 7836
    Hai 2 anos · Narón

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra