Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Marta Lopez Perez · 8480
    Hai 3 anos · Enfermeira · Chantada
  2. Julián Bravo Rivero · 8479
    Hai 3 anos · Inforátic · Vilagarcía de Arousa
  3. Alexandre Brea Rodríguez · 8478
    Hai 3 anos · Streamer/Divulgador · Santiago de Compostela
  4. Victoriano Carneiro Taboada · 8477
    Hai 3 anos · Xuvilado · Vigo
  5. Emilio duque · 8476
    Hai 3 anos · Mestre · A Coruña
  6. Ana María Pérez Rico · 8475
    Hai 3 anos · Mestra · Cervás - Ares
  7. Daniel Domínguez Domínguez · 8474
    Hai 3 anos · Estudante · Gondomar
  8. Mercedes Monteagudo Poceiro · 8473
    Hai 3 anos
  9. Adrián González Salvatierra · 8472
    Hai 3 anos · Deseñador · Cervo
  10. Teresa Fernàndez · 8471
    Hai 3 anos · Mestra · Gonfomar
  11. Gonzalo Castro Martínez · 8470
    Hai 3 anos · Profesor · Salvaterra de Miño
  12. Epifanía Lorenzo Castro · 8469
    Hai 3 anos · Agente atención al cliente · Toreno, El Bierzo
  13. Rubén Manuel Corral Aneiros · 8468
    Hai 3 anos · técnico de laboratorio · Brión
  14. MIGUEL BARJA VAZQUEZ · 8467
    Hai 3 anos · @merlegobar · Santiago Compostela
  15. Nicolás · 8466
    Hai 3 anos · Músico · Abegondo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra