Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Luzia Pardo Abuín · 7865
    Hai 2 anos · Opositora · O Milladoiro
  2. Martín Cepeda Iglesias · 7864
    Hai 2 anos · Limpador · Santiago de Compostela
  3. Martín Rodríguez Fiallega · 7863
    Hai 2 anos · Edición video · Milladoiro
  4. Mónica Díaz Carrodeguas · 7862
    Hai 2 anos · Teleoperadora · Coruña, A
  5. Laura Torres Armán · 7861
    Hai 2 anos
  6. Roberto Mosquera Bermudez · 7860
    Hai 2 anos · Banca · A Coruña
  7. Minia Laíño Gallegos · 7859
    Hai 2 anos · Docente F.P. · Ribadavia
  8. María Vidal Regueiro · 7858
    Hai 2 anos · A Coruña
  9. Natalia Lodeiros Souto · 7857
    Hai 2 anos · Estudante · Cambre
  10. Xosé Baamonde Silva · 7856
    Hai 2 anos · Docente · Silleda. Pontevedra
  11. Laura Alvariño Vázquez · 7855
    Hai 2 anos · Enfermeira · Cospeito
  12. Uxía García Conde · 7854
    Hai 2 anos · Arzúa
  13. Artai Gavilanes · 7853
    Hai 2 anos · Estudante · Ourense
  14. Carmen Marques Blanco · 7852
    Hai 2 anos · Mestra · Santiago
  15. Alberto Varela Collazo · 7851
    Hai 2 anos · A Coruña

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra