Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Raúl Lago Carvalho · 8825
    Hai 3 anos · Traballador · Salceda de Caselas
  2. María García Novoa · 8824
    Hai 3 anos · Fisio · Burela
  3. Andrea Ucha Bouzada · 8823
    Hai 3 anos · Tradutora audiovisual · Sanxenxo
  4. Manuel Simón Nóvoa · 8822
    Hai 3 anos · Vigo
  5. Gloria Martínez Marín · 8821
    Hai 3 anos · Profesora · Cangas
  6. Mónica da Silva Beceiro · 8820
    Hai 3 anos · Tradutora · As Pontes
  7. Luísa Couceiro · 8819
    Hai 3 anos · Ribadeo
  8. Xerardo Abraldes Fernández · 8818
    Hai 3 anos · Sanitario · Moaña
  9. Javier López de la Osa Varela · 8817
    Hai 3 anos · Responsable de Bingo · A Coruña
  10. Carla Otero Carneiro · 8816
    Hai 3 anos · Estudiante · Padron
  11. Xoan · 8815
    Hai 3 anos · Canteiro · Portas
  12. Xosé Manuel Candal González · 8814
    Hai 3 anos · Docente · Milladoiro
  13. MANUEL SANCHEZ GONZALEZ · 8813
    Hai 3 anos · EMPLEADO · O CARBALLIÑO
  14. Humberto Corujeira Cabaleiro · 8812
    Hai 3 anos · Sanidade · Redondela
  15. Luísa Sánchez Meizoso · 8811
    Hai 3 anos · Ferrol

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra