Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Bea Tapia · 7895
    Hai 3 anos · Profesora · Vigo
  2. Toa Rodríguez Freire · 7894
    Hai 3 anos · Mestra · Vigo
  3. Natalia Rivero cortes · 7893
    Hai 3 anos · Administrativa · Ourense
  4. Margarita López Sande · 7892
    Hai 3 anos · Educadora Infantil · Melide
  5. Mario López Rico · 7891
    Hai 3 anos · Arquitecto profe xubilado · A Coruña
  6. Isabel Cerviño Amado · 7890
    Hai 3 anos · Profesora · Arteixo
  7. Iolanda Otero Seijo · 7889
    Hai 3 anos · Moita · Mos
  8. Jose Antonio Fraga · 7888
    Hai 3 anos · mestre · Ourense
  9. Daniel Jardón Machado · 7887
    Hai 3 anos · Xove
  10. Juana López Beiras · 7886
    Hai 3 anos · xubilada · Compostela
  11. Olga M Tenorio Gallego · 7885
    Hai 3 anos · Cangas de Morrazo
  12. Teresa Neira · 7884
    Hai 3 anos · A Coruña
  13. Ismael Fernández Pérez · 7883
    Hai 3 anos · Barbadás
  14. Marinha Cavaleiro Domingues · 7882
    Hai 3 anos · Mestra E. primária · Briom
  15. Jorge lorenzo Vila · 7881
    Hai 3 anos · Aútonomo · Laza

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra