Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Laura Fidalgo Fraguío · 8915
    Hai 2 anos · Administrativo · Abegondo
  2. Iván Seoane Martínez · 8914
    Hai 2 anos · Informática · A Coruña
  3. Noelia Rivera Garcia · 8913
    Hai 2 anos · A coruña
  4. Jessica Vázquez Reguera · 8912
    Hai 2 anos · Peluquera · Vilagarcía de Arousa
  5. María Pilar García Negro · 8911
    Hai 2 anos · Profesora · A Coruña
  6. Elías Rodríguez Fernández · 8910
    Hai 2 anos · Estudante · Betanzos
  7. Gabriel Pousada Gulías · 8909
    Hai 2 anos · Autonomo · Lalín
  8. María Esther Crespo Iglesias · 8908
    Hai 2 anos · Marin
  9. Pablo Otero Novo · 8907
    Hai 2 anos · Estudante · Mondoñedo
  10. María Pilar González Casas · 8906
    Hai 2 anos · Mestra xubilada · As Neves
  11. Sela González Domínguez · 8905
    Hai 2 anos · Estudante · O Carballiño
  12. Serxio Souto Cardelle · 8904
    Hai 2 anos · Empregado público · A Coruña
  13. Gabriel Abilleira Rodríguez · 8903
    Hai 2 anos
  14. Roberto Arufe Cerviño · 8902
    Hai 2 anos · Culleredo
  15. Vitorio Xosé Otero Otero · 8901
    Hai 2 anos · Xubilado. · Taragoña-Ourolo, 42.Rianxo.

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra