Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Marga Méndez Varela · 7925
    Hai 2 anos · Administrativa · Monforte de Lemos
  2. Rubén Sequeiros Ferreira · 7924
    Hai 2 anos · Trabalhador · Ponteareas
  3. Nerea Noguerol Barrenetxea · 7923
    Hai 2 anos · Intérprete de Lingua de Signos · Chantada
  4. Chus Caramés · 7922
    Hai 2 anos · Educadora
  5. David Rebolo Magariños · 7921
    Hai 2 anos · Estudante da USC · A Estrada
  6. Lara Soto González · 7920
    Hai 2 anos · Educadora · Ferrol
  7. Jaime Cores Oubiña · 7919
    Hai 2 anos · Cambados
  8. Francisco Xosé Diz Suárez · 7918
    Hai 2 anos · Deseño grafico · A Coruña
  9. Tebra Rodríguez Hermida · 7917
    Hai 2 anos · Educadora · Vigo
  10. Escarlata Pampín López · 7916
    Hai 2 anos · Bertamiráns
  11. Sergio Louzao Alonso · 7915
    Hai 2 anos · Estudante · Touro
  12. Odilo González Carnero · 7914
    Hai 2 anos · Porfessor · Compostela
  13. Elena Vázquez Fariña · 7913
    Hai 2 anos · Teleoperadora · A Coruña
  14. Manuel aneioros pita · 7912
    Hai 2 anos · Sanitaria · Compostela
  15. Adrian cores cacabelos · 7911
    Hai 2 anos · Enxeñeria · Cambados

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra