Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Maria jose otero maseda · 22444
    Hai 3 anos · Peluquera · Burela
  2. Tania Prieto Díaz · 22443
    Hai 3 anos · Emfermeira · Burela
  3. Ivan garcia souto · 22438
    Hai 3 anos · Cambre
  4. Rubén Bouza Francisco · 22437
    Hai 3 anos · administrativo · Vigo
  5. Vanessa lopez valcarce · 22436
    Hai 3 anos · Asesora · Lugo
  6. Antonio Gómez Gonzalez · 22435
    Hai 3 anos · Jubilado · Miño
  7. María del Carmen Rodríguez Bouza · 22434
    Hai 3 anos · Xubilada · Miño
  8. Antonio Gómez Rodríguez · 22433
    Hai 3 anos · Miño
  9. María del Carmen dieguez gabian · 22432
    Hai 3 anos · Madre y ama de casa · Rairo ourense
  10. Javier Valino buyo · 22431
    Hai 3 anos · Funcionario · Miño
  11. Sandra Díaz Exposito · 22430
    Hai 3 anos · Administración · Miño
  12. María Gómez · 22429
    Hai 3 anos
  13. Silverio García Cores · 22428
    Hai 3 anos · Ferroviário · Vigo
  14. Marta López Morales · 22427
    Hai 3 anos · Profesora · A Coruña
  15. Mario puente sotelo · 22426
    Hai 3 anos · Xardiñeiro · Oleiros

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra