Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Raquel lopez velo · 22461
    Hai 3 anos · Arteixo
  2. Francisco Dopico Martínez · 22460
    Hai 3 anos · Electrónico · Narón
  3. Xavier Rebolo Jul · 22459
    Hai 3 anos · Operario sector lácteo · Lugo
  4. Ana María Calviño Bestilleiro · 22458
    Hai 3 anos · Modista · Arteixo
  5. Eva vazquez veira · 22457
    Hai 3 anos · Xubilada · Meicende /Arteixo
  6. MERCEDES PÁRAMO PÉREZ · 22456
    Hai 3 anos · MESTRA · VIGO
  7. Celtia Portas Martínez · 22455
    Hai 3 anos · Canle Xabarin club en galego · Viveiro
  8. Jorge Carracedo Rodriguez · 22454
    Hai 3 anos
  9. Alicia Noya Martínez · 22453
    Hai 3 anos · Profesora · Pontevedra
  10. FCO. JAVIER PORTAS ANSEDE · 22452
    Hai 3 anos · RIBADUMIA
  11. Maria Eugenia pego lema · 22449
    Hai 3 anos · Operaria fabrica · ribeira
  12. victoria sieira pego · 22448
    Hai 3 anos · Enfermera · ribeira
  13. Lucas Dominguez · 22447
    Hai 3 anos · Vigo
  14. Bibiana Vázquez Amado · 22446
    Hai 3 anos · Laxe
  15. Noelia Insua Rifón · 22445
    Hai 3 anos · Vilalba

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra