Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Miguel Rodríguez Zúñiga · 22480
    Hai 4 anos · Sanitario · Vigo
  2. Abel Neira Suárez · 22478
    Hai 4 anos
  3. Ramon conde nieto · 22477
    Hai 4 anos · Soldador · San cibrao
  4. Andrés Otero Carballal · 22476
    Hai 4 anos · Marín
  5. Sabela Puentes Vega · 22475
    Hai 4 anos · Estudante · Tomiño
  6. Esteban F. Comis González · 22472
    Hai 4 anos · Sepultureiro · Vigo
  7. Marcos Suárez Varela · 22471
    Hai 4 anos · Cociñeiro · Sanxenxo
  8. Tareixa Fernández · 22470
    Hai 4 anos · O Grove
  9. Vanesa Rolán Rolán · 22469
    Hai 4 anos · Educadora Social · Vigo
  10. José Miguel López gey · 22468
    Hai 4 anos · sanidade
  11. Isabel Blanco · 22467
    Hai 4 anos · Enxeñería · Vigo
  12. Yolanda Pousada Villar · 22466
    Hai 4 anos · Allariz
  13. Rosa Maria Fructuoso · 22464
    Hai 4 anos · colaboradora · Pastoriza
  14. INES FERNANDEZ BELLO · 22463
    Hai 4 anos · Pastoriza
  15. Mar Somoza · 22462
    Hai 4 anos · Pastoriza, Arteixo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra