A Mesa pola Normalización denuncia que a delegación do goberno español en Galiza teima en aplicar a “lei mordaza” para sancionar un cidadán que reclamou ser atendido en galego e non só recibiu unha negativa rotunda a ser atendido na nosa lingua, senón que mesmo se lle chegou a negar a realización unha proba diagnóstica […]
Noticias da Mesa

Homenaxe a Carvalho Calero en Ferrol
O Concello de Ferrol homenaxeará esta quinta feira (xoves) 24 de marzo a Ricardo Carvalho Calero no 50 aniversario do seu nomeamento como catedrático de Lingüística e Literatura Galega.

Abertos ao Galego facilita o acceso ao dominio PuntoGal aos seus asociados
PuntoGal e a Mesa pola Normalización Lingüística acordaron unha promoción de dominios mediante a cal os establecementos adheridos ao proxecto Abertos ao Galego que aínda non teñan dominio .

COBRO DO PREMIO DA LOTARÍA DE NADAL
O día 22 de marzo remata o prazo para poder cobrar o premio da lotaría de Nadal da Mesa, por se cumpriren 3 meses desde o sorteo. Grazas pola vosa colaboración.

A iniciativa Xabarín segue dando froitos: a Xunta e Netflix asinan un convenio para a dobraxe e lexendaxe de filmes
A Mesa pola Normalización Lingüística valora positivamente o acordo anunciado hoxe entre a Xunta e Netflix para a dobraxe e lexendaxe de máis de 60 filmes ao ano, con especial presenza de contidos infantís, un dos puntos recollidos pola Iniciativa Xabarín impulsada pola entidade de defensa da lingua, que contou co apoio de 33.

A Mesa lanza Pensatermos, un xogo gratuíto e diario para entreter e fomentar o uso da nosa lingua
A Mesa pola Normalización Lingüísticas lanzou esta mañá o Pensatermos, un xogo lixeiro e gratuíto para entreter e fomentar o uso da nosa lingua.

VÍDEO | Que non apaguen a túa lingua
Neste vídeo explicámosche en menos de un minuto a importancia de que a nova Lei do Audiovisual recolla a nosa lingua.

O Congreso dos Deputados comeza a debater mañá unha Lei do Audiovisual que pode excluír o galego
O Proxecto de Lei xeral de Comunicación Audiovisual comezará mañá quinta feira (xoves) a súa tramitación no Congreso dos Deputados co debate de toma en consideración Para A Mesa pola Normalización Lingüística, a tramitación desta Lei ten que se converter nunha oportunidade de mudar unha proposta lexislativa que non garante un mínimo de igualdade para […]

Entidades de todo o Estado exixen aos partidos que emenden a lei do audiovisual para garantir cotas substanciais de galego, catalán e éuscaro
A Mesa pola Normalización Lingüística, Plataforma per la Llengua, Òmnium Cultural, Kontseilua, Acció Cultural del País Valencià i Obra Cultural Balear piden aos partidos dos seus territorios que exixan a PSOE e PODEMOS un aumento da presenza das linguas minorizadas á lei para votar a favor do texto no Congreso.

A iniciativa polo audiovisual en galego demanda igualdade para a nosa lingua no sector
A facultade de Comunicación da USC acolleu esta mañá o nacemento da Iniciativa polo audiovisual en galego, unha plataforma conformada por entidades do ámbito académico, profesional, empresarial e lingüístico que reivindica os dereitos de Galiza e do galego na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que ultima o goberno español.