A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Xunta exclúe o galego da formación que están obrigadas a realizar as persoas que traballan en centros de atención diurna para persoas con discapacidade funcional ou maiores, para poder retomar a súa actividade.
Noticias da Mesa

A Mesa agasalla o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez ás cabezas de lista das candidaturas que participaron no debate da TVG
Carlos Callón, presidente de Honra da Mesa e autor do libro, salienta que “se hai Xunta é porque hai lingua” e Marcos Maceira, presidente da Mesa, recorda que “a futura presidenta ou o futuro presidente de Galiza debe dar exemplo nun bo uso do noso idioma” Compostela, 3 de xullo de 2020.

A Mesa e entidades da comunidade educativa propoñen un modelo para a normalización do ensino en galego
A Mesa pola Normalización Lingüísitica, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais deseñan de xeito conxunto un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe Compostela, 23 de xuño de 2020.

O Ministerio de Igualdade discrimina o galego nos seus premios ás mellores teses doutorais sobre violencia contra as mulleres
O Ministerio de Igualdade “nega o mínimo recoñecemento do galego”, ao excluír dos Premios da Delegación do Gobierno contra a Violencia de Xénero a teses doctorais sobre violencia contra a muller (ligazón á convocatoria) os traballos que foran presentados en calquera lingua oficial do Estado, diferente do castelán.

Convocatoria Asemblea Xeral 2020
A asemblea xeral de socias e socios da Mesa pola Normalización Lingüística terá lugar en Santiago de Compostela o sábado 18 de xullo ás 10:30 h en primeira convocatoria, 11:00 h en segunda.

A Mesa felicita os policías locais de Carballo que crearon o aplicativo informático XesPol que permite tramitar en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística recoñece o valor da plataforma XesPol creada por Kathy Pena e Manuel Fuentes, policías locais en Carballo, e que foi cedida gratuitamente aos concellos galegos.

A Mesa súmase ao pesar polo falecemento da filóloga Araceli Herrero Figueroa
A Mesa súmase ao pesar polo falecemento de Araceli Herrero Figueroa (Lugo, 1948) que exerceu de ensinante no antigo Colexio Universitario de Lugo e foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado no Campus de Lugo da USC.

Rendémoslle homenaxe a Carvalho Calero, no seu Día das Letras
Queremos Galego realizou esta mañá en Compotela unha ofrenda floral diante da estatua homenaxe de Carvalho Calero, onde representantes da entidade deron lectura do manifesto do Día das Letras 2020.

Uxía estrea un videoclip colectivo de “A fala”, coa colaboración de Tanxugueiras e Faia, para desconfinar a lingua este 17 de maio
Queremos Galego anima a sociedade a saír á xanela, o Día das Letras ás 13h, e cantar este “A fala” como unha acción máis do desconfinamento da nosa lingua Compostela, 15 de maio de 2020.

A Mesa exíxelle ao PP que abandone a política de manipulación dirixida ao exterminio do galego
A Mesa exíxelle ao Partido Popular que deixe de traballar pola completa desaparición da nosa lingua, despois de que o PP da Coruña reclamase que o galego non sexa lingua vehicular nas escolas infantís municipais da cidade.