Xornada Medrar en galego. Allariz, 25 de febreiro

Noticias

A Mesa pola Normalización Lingüística

ABERTOS AO GALEGO.- As empresas de Abertos ao galego: Rinoceronte Editora

Rinoceronte Editora nace en Cangas do Morrazo en 2005 co obxectivo de publicar traducións ao galego de literatura estranxeira. Rinoceronte publica principalmente títulos recentes, sobre todo procedentes de ámbitos culturais e lingüísticos novidosos para a literatura na nosa lingua. Foron os primeiros en traducir desde o finlandés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o […]

ABERTOS AO GALEGO.- As empresas de Abertos ao galego: Rinoceronte Editora Ler máis

A Mesa pola Normalización Lingüística

MADRID.- A Mesa acusa a Casa de Galiza en Madrid de manter ‘actitudes franquistas’, pola ‘censura e o desprezo ao galego’

A delegación da Xunta na capital do Estado leva catro meses prohibindo un acto do presidente da Mesa: “Até que o Delegado da Xunta non lea o libro, non daremos a autorización” O persoal da Delegación da Xunta en Madrid négase a atender en galego mesmo a quen llo solicita, polo que A Mesa anima […]

MADRID.- A Mesa acusa a Casa de Galiza en Madrid de manter ‘actitudes franquistas’, pola ‘censura e o desprezo ao galego’ Ler máis

A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación en Madrid o vindeiro 5 de xullo do libro ‘En castellano no hay problema’

A terza feira (martes) 5 de xullo, o Centro Galego de Madrid, sito na rúa Carretas, 14-3º andar, acollerá a presentación da obra En castellano no hay problema. No evento participarán Francisco Jorquera, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Callón, autor do volume e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

Presentación en Madrid o vindeiro 5 de xullo do libro ‘En castellano no hay problema’ Ler máis

A Mesa pola Normalización Lingüística

A Coruña.- O concello rectifica o uso da toponimia deturpada na súa páxina web logo da denuncia da Mesa

Porén, a asociación advirte que “estará vixiante” en todo o momento para que non se produzan retrocesos na presenza efectiva da lingua galega na institución municipal e “actuará” en canto for preciso facelo

A Coruña.- O concello rectifica o uso da toponimia deturpada na súa páxina web logo da denuncia da Mesa Ler máis

A Mesa pola Normalización Lingüística

Galego estremeiro.- A Mesa demanda un compromiso real da administración co ensino do galego no Bierzo

A asociación apoia as demandas dos colectivos sociais e do profesorado de galego da comarca estremeira A entidade presidida por Carlos Callón pide “investigar de oficio” se hai centros onde se presiona o alumnado para que non se matriculen na materia de Lingua Galega

Galego estremeiro.- A Mesa demanda un compromiso real da administración co ensino do galego no Bierzo Ler máis

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra