A entidade pública que xestiona a navegación aérea en España pretendía forzala a comunicarse co departamento de Recursos Humanos e co director rexional en español, tanto verbalmente como por escrito, incumprindo o dictado pola Constitución Española, polo Estatuto de Autonomía de Galicia e pola Lei de Normalización Lingüística Compostela, 4 de decembro de 2020.
Noticias

Recibimos con esperanza o rexistro no Congreso dunha iniciativa para garantir o uso da lingua propia a toda a cidadanía
Unha Proposición non de lei (PNL) que recolle parte do manifesto Liberdade, igualdade, democracia que presentamos as entidades sociais polas linguas en febreiro foi rexistrada esta mañá no Congreso español coa sinatura de BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos Compostela, 3 de decembro de 2020.

A comunidade educativa pídelle á Xunta diálogo para normalizar o galego no ensino
Colectivos docentes, movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e a Mesa pola Normalización Lingüística insisten en que o Goberno galego ten que sentarse a dialogar “para cumprir coas demandas do Consello de Europa, da ONU, da sociedade galega e da propia comunidade educativa” Compostela, 26 de novembro de 2020.

Queremos Galego pídelle ao PP que retire a PNL contra o recoñecemento da pluralidade lingüística na LOMLOE
Queremos Galego concentrouse esta mañá fronte á Sede autonómica do PP, en Santiago de Compostela, para pedirlle ao Partido Popular que retire a Proposición Non de Lei contra o recoñecemento da pluralidade lingüística do Estado que recolle a LOMLOE, coñecida como Lei Celaá.

PuntoGal e a Mesa pola normalización lingüística asinan un convenio de colaboración
Os presidentes da Asociación PuntoGal, Manuel González González, e da Mesa pola normalización lingüística (A Mesa), Marcos Maceira Eiras, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal A Mesa se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión.

Queremos Galego pídelle ao Presidente da Xunta que defenda a Galiza e a súa lingua
Queremos Galego concentrouse esta mañá fronte ao Parlamento de Galiza, en Santiago de Compostela, para pedirlle ao presidente da Xunta que defenda a Galiza e galego da nova campaña contra o uso do galego como lingua vehicular no ensino que xurdiu nos últimos días a nivel estatal, a partir dun texto legal que di que […]

A Mesa insta o PP de Galiza a abandonar “a campaña de odio, de mentiras e de manipulación contra o galego no ensino”
O presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira, resposta ás declaracións de Miguel Tellado sobre a modificación da LOMCE pedíndolle que aproveite a oportunidade para reverter a reforma unilateral do PP e atender, así, as indicacións do Consello de Europa ao respecto Compostela, 5 de novembro de 2020.

A Mesa insta a Xunta a aproveitar a modificación da LOMCE para eliminar as restricións ao ensino en galego
A entidade solicitou unha xuntanza co conselleiro de Educación, para presentarlle un modelo de sistema educativo co galego como lingua vehicular e de aprendizaxe elaborado xunto con movementos de renovación pedagóxica, ANPAS e organizacións sindicais Compostela, 5 de novembro de 2020.

Correlingua fai 20 anos movéndose pola lingua e volve aos centros tras o adiamento
Doce centros escolares de doce localidades galegas acollerán as actividades da celebración nunha edición que incorpora o streaming e que cumprirá con todas normas sanitarias de prevención O Correlingua é unha actividade organizada por CIG-Ensino, A Mesa e a AS-PG, co apoio das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra Pontevedra, 30 de outubro de 2020.

Pésame polo falecemento de Xosé Manuel Millán Otero
A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á dor de familiares e amigos pola perda de Xosé Manuel Millán Otero, socio da Mesa e incansábel defensor da nosa lingua. O profesor, escritor, poeta, activista e político faleceu esta quinta feira, 29 de outubro. XM millán Otero (32 kB)