A nosa (r)evolución

Noticias

A Mesa espera que o acordo entre o Goberno español e ERC garanta a igualdade para o galego na Lei do Audiovisual

A Mesa pola Normalización Lingüística dá os parabéns ao Goberno español e a ERC polo acordo anunciado co que blindarán a igualdade das distintas linguas do Estado na Lei do Audiovisual e recorda que as forzas políticas galegas amosaron en múltiples ocasións a súa unanimidade neste sentido. “Onte mesmo”, recorda o presidente da Mesa, Marcos […]

A Mesa espera que o acordo entre o Goberno español e ERC garanta a igualdade para o galego na Lei do Audiovisual Ler máis

Santiago votará este xoves por unanimidade a moción Xabarín 2.0 polo galego na Lei do Audiovisual

O Concello de Santiago votará este xoves pola tarde, por unanimidade, a moción Xabarín 2.0. pola defensa do galego na Lei do Audiovisual que se está a debater no Estado. Unha vez aprobado, o texto será remitido á Secretaría de Estado de telecomunicacións, instándoa a que a nova Lei de Comunicación Audiovisual recoñeza a pluralidade […]

Santiago votará este xoves por unanimidade a moción Xabarín 2.0 polo galego na Lei do Audiovisual Ler máis

A delegación do goberno multa un cidadán por reclamar atención en galego

A Mesa denuncia a vulneración dos dereitos lingüísticos que afectou tamén ao dereito á saúde e á dignidade dun cidadán que pediu ser atendido en galego nun cribado da Covid19 en Rianxo A entidade de defensa da lingua recorda que é obriga do funcionariado coñecer a lingua propia de Galiza e que a policía debe […]

A delegación do goberno multa un cidadán por reclamar atención en galego Ler máis

Lotaria 2021

Á venda as participacións da Lotaría de Nadal da Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa xoga este ano o número 88.117, en participacións de 2,50 euros. Dous euros xóganse nese número para o sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal e 0,50 euros son para participar no sorteo dunha noite para dúas persoas en Budiño de Serraseca Turismo Rural, unha das empresas de Abertos ao Galego. Para comprares participacións, podes pasar polo […]

Á venda as participacións da Lotaría de Nadal da Mesa pola Normalización Lingüística Ler máis

Correlingua 2021: Oito concertos encabezan o programa de actividades

Máis de mil cincocentos escolares participarán nas festas concerto de Correlingua O vindeiro 20 de outubro comezarán as actividades do Correlingua 2021 baixo o lema “Inmunízate co galego” que terán como principal oferta oito concertos en outras tantas poboacións galegas comezando pola Coruña. Os concertos celebraranse polo sistema de aula burbulla para manter todas as […]

Correlingua 2021: Oito concertos encabezan o programa de actividades Ler máis

Marcha pola dignidade da Toxa: 16 de outubro ás 12h

O pasado 29 de setembro a Garda Civil impediu a un grupo de activistas da Mesa pola Normalización Lingüística protestaren pola barbarización do nome da Illa da Toxa no Foro organizado pola empresa HOTUSA, que contou coa participación de altos representantes do Estado e goberno españois e da Xunta de Galiza. Á empresa hoteleira vén […]

Marcha pola dignidade da Toxa: 16 de outubro ás 12h Ler máis

A Mesa promove un apagón de RTVE o luns 11 de outubro dentro da Iniciativa “Queremos audiovisual en galego”

A Mesa pola Normalización Lingüística anima a sociedade galega a “apagar as canles de RTVE” o vindeiro luns día 11 de outubro como protesta polo desprezo que sofre a nosa lingua por parte da televisión pública española e que, en palabras do presidente da entidade, Marcos Maceira, “acadaron a súa máxima expresión na emisión de […]

A Mesa promove un apagón de RTVE o luns 11 de outubro dentro da Iniciativa “Queremos audiovisual en galego” Ler máis

A Deputación da Coruña refrenda o seu apoio ao proxecto A Liña do Galego

A Deputación da Coruña mantén, un ano máis, a súa colaboración co proxecto A Liña do Galego. A institución provincial destina, a través deste acordo, unha achega económica de 34.000 euros co obxecto de “contribuír ao mantemento e á estabilidade dun proxecto que se está revelando como unha ferramenta esencial á hora de canalizar as […]

A Deputación da Coruña refrenda o seu apoio ao proxecto A Liña do Galego Ler máis

A Mesa presenta na Real Academia Galega a Iniciativa “Queremos audiovisual en galego”

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, e mais a Secretaria Xeral da entidade, Celia Armas, presentáronlles esta mañá ao presidente e ao vicesecretario da Real Academia Galega a Iniciativa Queremos audiovisual en galego, que conta co apoio unánime das forzas políticas galegas para que a nova lei xeral de comunicación audiovisual que ultima o goberno […]

A Mesa presenta na Real Academia Galega a Iniciativa “Queremos audiovisual en galego” Ler máis

Deporte en galego / Revista de fútbol “O Dez”

Presentámosvos a revista de fútbol totalmente en galego. Algunhas persoas consideran a cultura e o deporte como algo antitético pero na Revista O DEZ cren que ese suposto antagonismo reside máis no pensamento deses individuos que na realidade. Cinguíndonos ao fútbol, este número é unha mostra de que algunhas das mellores mentes deste país, os […]

Deporte en galego / Revista de fútbol “O Dez” Ler máis

PP, BNG e PSOE piden, xunto coa Mesa, que a nova Lei do audiovisual do Estado non marxine o galego

A Mesa inicia no Parlamento de Galiza, acompañada por todas as forzas políticas, unha campaña para exixir que a nova lei iguale para a nosa lingua as cotas estabelecidas para o castelán nas plataformas dixitais, tal e como contemplaba a iniciativa Xabarín aprobada por unanimidade o pasado mes de maio Compostela, 27 de setembro de […]

PP, BNG e PSOE piden, xunto coa Mesa, que a nova Lei do audiovisual do Estado non marxine o galego Ler máis

A Mesa logra que o Sergas cambie a lingua por defecto da aplicación É-Saúde do castelán ao galego

A Valedora do Pobo vén de anunciar o resultado positivo da queixa tramitada pola Liña do Galego, denunciando a vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía galega Máis da metade das reclamacións que recibe cada ano a Liña do Galego refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas ao Servizo Galego de Saúde Compostela, 14 […]

A Mesa logra que o Sergas cambie a lingua por defecto da aplicación É-Saúde do castelán ao galego Ler máis

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra