A Mesa pola Normalización Lingüística recoñece o valor da plataforma XesPol creada por Kathy Pena e Manuel Fuentes, policías locais en Carballo, e que foi cedida gratuitamente aos concellos galegos.
Noticias

A Mesa súmase ao pesar polo falecemento da filóloga Araceli Herrero Figueroa
A Mesa súmase ao pesar polo falecemento de Araceli Herrero Figueroa (Lugo, 1948) que exerceu de ensinante no antigo Colexio Universitario de Lugo e foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado no Campus de Lugo da USC.

A Mesa anima para contribuir co Projeto Moas da Semente Compostela
PROJETO MOAS: Crowdfunding da Semente Compostela para a reforma das súas novas instalacións Con este novo local pretenden centralizar recursos e loxística para poderen concentrar nun único espazo todas as súas propostas para un óptimo desenvolvemento.

Rendémoslle homenaxe a Carvalho Calero, no seu Día das Letras
Queremos Galego realizou esta mañá en Compotela unha ofrenda floral diante da estatua homenaxe de Carvalho Calero, onde representantes da entidade deron lectura do manifesto do Día das Letras 2020.

Uxía estrea un videoclip colectivo de “A fala”, coa colaboración de Tanxugueiras e Faia, para desconfinar a lingua este 17 de maio
Queremos Galego anima a sociedade a saír á xanela, o Día das Letras ás 13h, e cantar este “A fala” como unha acción máis do desconfinamento da nosa lingua Compostela, 15 de maio de 2020.

A Mesa exíxelle ao PP que abandone a política de manipulación dirixida ao exterminio do galego
A Mesa exíxelle ao Partido Popular que deixe de traballar pola completa desaparición da nosa lingua, despois de que o PP da Coruña reclamase que o galego non sexa lingua vehicular nas escolas infantís municipais da cidade.

Acordo entre A Mesa e Nós TV para a difusión dos negocios abertos ao galego
Celia Armas: “queremos axudar, neste difícil momento, a dar visibilidade e promover os negocios que traballan en galego” Santiago de Compostela, 11 de maio de 2020.

Queremos Galego chama a “desconfinar” a nosa lingua o 17 de maio, Día das Letras
A plataforma cidadá denuncia a inacción dos poderes públicos en relación ao galego e pide que reivindiquemos a nosa lingua en xanelas e varandas e nas redes sociais baixo o lema Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión Compostela, 12 de maio de 2020.

Este 17 de maio defendemos o galego desde xanelas e varandas
Este 17 de maio, malia todas as limitacións, voltamos a ter unha cita para que o galego non siga confinado.

“Acumulamos décadas de incumprimento sistemático das cativas normas favorábeis ao uso social e público do galego”
Queremos Galego publica na súa web unha carta aberta da profesora da UdC e activista pola lingua Pilar García Negro a Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras deste 2020 Compostela, 4 de maio de 2020.