Xornada Medrar en galego. Allariz, 25 de febreiro

Noticias

A Mesa denuncia “o desprezo de RTVE ao galego” que se esconde detrás da polémica derrota das Tanxugueiras no Benidorm Fest

A Mesa pola Normalización afirma que a presunta manipulación do Benidorm Fest que denuncian a maior parte dos medios de comunicación do Estado e que deu como resultado a polémica derrota do grupo galego Tanxugueiras non é un caso illado na política lingüística e cultural de RTVE, senón unha mostra máis do “desprezo” que amosa […]

A Mesa denuncia “o desprezo de RTVE ao galego” que se esconde detrás da polémica derrota das Tanxugueiras no Benidorm Fest Ler máis

Encontro da Mesa con Elisa Loncón, presidenta da Convención constuínte de Chile

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística mantivo un encontro con Elisa Loncón, activista mapuche, loitadora polos dereitos lingüísticos e presindenta da Convención constituínte de Chile, para falar e compartir experiencias sobre o galego e o mapudungún nos diferentes territorios. A presidenta Loncón compartiu connosco os avances que se fixo en materia lingüística na propia […]

Encontro da Mesa con Elisa Loncón, presidenta da Convención constuínte de Chile Ler máis

A Mesa reclama máis prazas de portugués no ensino

A Mesa pola Normalización Lingüística,  ante a publicación do 14 de xaneiro na mesa sectorial de ensino das prazas por especialidade da convocatoria de oposicións de 2022, súmase ás reclamacións que fai a Associação de professores de Língua Portuguesa na Galiza para aumentar as prazas de portugués dispoñíbeis no ensino. Con 1171 prazas anunciadas, a […]

A Mesa reclama máis prazas de portugués no ensino Ler máis

A Mesa insta o presidente de Asturias a descartar a fobia contra o galego no debate pola oficialidade

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, sae ao paso das declaracións do presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, ao respecto da oficialidade do galego na súa comunidade. “Ningunha lexislación democrática pode empregar subterfuxios semánticos para ocultar unha realidade e unha necesidade para as miles de persoas galegofalantes entre o Eo e […]

A Mesa insta o presidente de Asturias a descartar a fobia contra o galego no debate pola oficialidade Ler máis

Lotaria 2021

Participacións da Mesa premiadas no sorteo

Prezadas amigas e amigos, As participacións da Mesa poderán ser cobradas con cita previa a partir do día 3 de xaneiro, na sede que a asociación ten en Santiago de Compostela (rúa García Prieto nº 7 – semisoto B). Aquelas persoas que non poidan achegarse, poden poñerse en contacto connosco a través do 981563885 ou […]

Participacións da Mesa premiadas no sorteo Ler máis

A Mesa pola Normalización Lingüística

Lotaría de Nadal: 002148 número de serie premiado no sorteo da Mesa

Realizouse  no local da Mesa o sorteo dunha noite para dúas persoas en Budiño de Serraseca Turismo Rural entre todos aqueles que nos axudastes mercando participacións da Lotaría de Nadal da nosa asociación. A portadora ou portador do recibo cuxo número de serie remata en 2148  debe pórse en contacto co Local Nacional da Mesa […]

Lotaría de Nadal: 002148 número de serie premiado no sorteo da Mesa Ler máis

O Apalpador entrégalle ao goberno español 10.000 sinaturas a favor da igualdade lingüística na nova Lei do Audiovisual

O Apalpador entregou esta mañá na delegación do goberno español na Coruña as 10.000 sinaturas recollidas pola Mesa pola Normalización Lingüística a prol da igualdade para a dobraxe e a lexendaxe en galego na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, dentro da Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua. As persoas […]

O Apalpador entrégalle ao goberno español 10.000 sinaturas a favor da igualdade lingüística na nova Lei do Audiovisual Ler máis

Recordamos que a boa disposición das plataformas respecto da igualdade lingüística é positiva, pero insuficiente

Perante a declaración conxunta ofrecida polas plataformas de vídeo, en resposta ao debate social sobre a nova Lei do Audiovisual do Estado, dende A Mesa pola Normalización manifestamos a nosa satisfacción pola boa disposición de Netflix, Filmin e Prime Video a dobrar e subtitular os produtos do seu catálogo ao galego, o euskara e o […]

Recordamos que a boa disposición das plataformas respecto da igualdade lingüística é positiva, pero insuficiente Ler máis

A Mesa convoca unha concentración este 22 de decembro na Coruña

O Apalpador coa dobraxe en galego O mércores 22 de decembro A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración diante da Subdelegación do goberno na Coruña ás 11:30h., onde se fará entrega das sinaturas recollidas a favor da dobraxe en galego na nova lei do audiovisual e na que vai participar o Apalpador, nais, pais, […]

A Mesa convoca unha concentración este 22 de decembro na Coruña Ler máis

Festa-agasallo para Manuel Lourenzo. 19 de decembro. 19 horas. Teatro Rosalía A Coruña

Prezadas socias, prezados socios: A Mesa súmase á festa-agasallo a Manuel Lourenzo o día 19 de decembro de 2021, ás 19.00 horas, no Teatro Rosalía da Coruña, e animámosvos a que participedes nesta homenaxe. Achegamos a tarxeta e o cartaz e sendos enlaces das redes sociais. Facebook: https://www.facebook.com/gzcultura/posts/4807605389298961 Twitter: https://twitter.com/gzcultura/status/1470362617470492677

Festa-agasallo para Manuel Lourenzo. 19 de decembro. 19 horas. Teatro Rosalía A Coruña Ler máis

Entidades en defensa das linguas galega, catalá e basca fan fronte común en Madrid polo audiovisual

A Mesa Pola Normalización participou hoxe en Madrid, xunto con Kontseilua, Òmnium Cultural, Acció Cultural del País Valencià, Obra Cultural Balear, Escola Valenciana e Plataforma per la Llengua na presentación dun fronte común pola defensa dos dereitos das linguas oficiais na Lei do Audiovisual do Estado. As entidades de defensa das linguas galega, catalá e […]

Entidades en defensa das linguas galega, catalá e basca fan fronte común en Madrid polo audiovisual Ler máis

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra