Unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística achegouse até a Cidade Condal para acompañar e participar na ofrenda floral a Rafael Casanovas coa Plataforma per la Llengua pola Diada de Catalunya.
Noticias
A Mesa anima participar na leitura continuada do Scórpio organizada pola AGAL o 31 de outubro
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2021.

Etiquetaxe de GADIS en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística quere manifestar o seu contento pola contestación en redes de GADIS a un usuario que preguntaba pola etiquetaxe en galego, ao que a cadea de supermercados respondía “que pronto terían novas”.

Pésame polo falecemento de Francisco Pillado
A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á dor de familiares e amizades pola perda de Francisco Pillado Mayor, xornalista, escritor e persoa extraordinaria e imprescindíbel para entendermos a promoción da lingua galega no mundo editorial, polo seu labor na fundación, impulso e dirección da Editorial Laiovento, onde ocupou durante anos importantes responsabilidades.

O Goberno do Estado rexeita de novo as solicitudes de dereitos lingüísticos na Carta dos Dereitos Dixitais
Compostela, 17 de xullo de 2021- O pasado ano, o Goberno do Estado comezou a preparar a Carta dos Dereitos Dixitais e a finais de ano abriu a posibilidade de realizar achegas, que foron presentadas por diferentes axentes normalizadores.

Arrinca a segunda fase da “Iniciativa Xabarín” para garantir a presenza do equitativa do galego na programación audiovisual do Estado español
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a campaña Queremos galego no audiovisual que pide que se garanta a mesma porcentaxe mínima de contidos na nosa lingua que en castelán, tanto en TVE como nas plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video Compostela, 15 de xullo de 2021.

A Mesa denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais de Turismo Rías Baixas
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais do departamento de turismo da Deputación de Pontevedra (Turismo Rías Baixas), recordando que tanto o Estatuto de autonomía de Galiza como a Lei de normalización lingüística e a Lei de administración local de Galiza protexen o uso da nosa lingua por […]

A Mesa insta á SXPL a aclarar os criterios de avaliación das probas CELGA
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de trasladarlle por carta ao Secretario Xeral de Política Lingüística que, segundo as queixas recibidas a través da Liña do Galego e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, o profesorado que avalía as probas CELGA 4 foi informado de que se decidiu non ter en conta na avaliación das mesmas […]

A praza do Obradoiro berra “Queremos vivir en galego”
Unha multitude de persoas que reservaran o seu sitio con antelación e que se repartiron polo espazo observando todas as medidas de seguridade pediron este 17M a todos os poderes públicos “un compromiso real e efectivo coa normalización da lingua galega”, para “avanzarmos na xustiza e na igualdade” Compostela, 17 de maio de 2021.

“Ese dialecto no lo entiendo”, tramitamos 219 queixas por vulneracións de dereitos lingüísticos da cidadanía galega no 2020
Máis da metade das reclamacións refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas ao Servizo Galego de Saúde, especialmente incrementada pola situación de emerxencia sanitaria vivida durante o ano 2020, e á propia Xunta de Galiza O informe anual da Liña do Galego -que conta co apoio da Deputación da Coruña- recolle só unha […]