A Mesa pola Normalización Lingüística manifesta a súa indignación pola exclusión do galego no Morriña Fest, evento que está previsto para o 15 e 16 de xullo no estadio de Riazor.
A Coruña

Presentación na Feira do libro da Coruña de Himno galego: unha historia parlamentar (inconclusa)
A presentación do libro da nosa compañeira María do Pilar García Negro terá lugar o domingo día 6 de agosto ás 21:15h na Feira do Libro da Coruña. Estará acompañada por Francisco Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre. HimnoGalego_HªParlamentar (415 kB)

O Pleno da Coruña aproba a moción da aplicación do Plan de Normalización da Lingua Galega
Onte celebrouse un pleno no Concello de A Coruña no que se debateron propostas achegadas para a normalización da lingua galega Celia Armas: “Esperamos que se abra unha nova etapa para o galego na cidade das Irmandades Fala” A Coruña asi a queremos 1 (218 kB)

As seccións sindicais de Extel da Coruña e A Mesa Pola Normalización Lingüística acordan accións conxuntas
Presionarán a Movistar con chamadas o venres 14 ao 1004 pedindo atención en galego Nas redes sociais utilizarán os hashtag #NonAoEreEnExtel e #QueremosGalego etiquetando co #1004Responde e @movistar_es 20161010_125950 (72 kB)
Asemblea da Mesa na zona da Coruña
A Mesa pola Normalización Lingüística vai realizar unha asemblea na terza feira (martes) día 23 de febreiro ás 18:00 h. no local da CIG da Coruña. Os puntos a tratar serán os seguintes: Planificación das actividades na zona Información sobre as campañas nacionais Contamos contigo!

A Mesa da Coruña reclama que o galego deixe de estar excluído da administración local
Celia Armas, responsábel da entidade na Coruña: “parécenos unha burla que aínda existan a data de hoxe formularios como o que autoriza a domiciliacion bancaria nas Escolas Municipais de Música da Coruña que están redixidos nun perfecto bilingüe castelán/inglés” Domiciliación concello da Coruña (129 kB)

O alcalde da Coruña móstrase receptivo ás propostas da Mesa
A Mesa reuniuse co novo alcalde da Coruña para avaliar a situación da lingua no concello e achegar propostas normalizadoras Celia Armas: “Ficamos moi satisfeitas da sintonía amosada polo alcalde coas propostas da Mesa e confiamos en que se abra unha nova etapa para a lingua nesta cidade galegofalante” A Coruña, 02/07/2015-.
Debate esta quinta feira (xoves) en CUAC FM
Fran Rei, coordinador da Mesa na Coruña, participará esta quinta feira nun debate sobre a recente aprobación no Parlamento galego da ILP Valentín Paz-Andrade.
“O galego é tratado como lingua de segunda” nas Festas de María Pita, denuncia A Mesa
A entidade cidadá lamenta que non sexa posíbel obter o programa en galego en formato papel en ningún punto de información turística o mesmo día de inicio oficial dos festexos A asociación advirte que o Concello só está a difundir a versión en castelán do programa a través de páxinas web e redes sociais “Un […]

A Mesa da Coruña: “a campaña de Nadal de Carlos Negreira non une; exclúe o galego e exclúe o cumprimento das leis”
O grupo local da asociación lamenta que os “complexos e prexuízos” do goberno municipal sirvan para “alimentar tópicos falsos” que “ridiculizan” a cidade nas redes sociais “Na campaña de Nadal da Coruña teñen máis presenza Laponia ou as sevillanas que Galiza”, denuncia a entidade