Zonas

Presentación na Feira do libro da Coruña de Himno galego: unha historia parlamentar (inconclusa)

A presentación do libro da nosa compañeira María do Pilar García Negro terá lugar o domingo día 6 de agosto ás 21:15h na Feira do Libro da Coruña. Estará acompañada por Francisco Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre.

Presentación na Feira do libro da Coruña de Himno galego: unha historia parlamentar (inconclusa) Ler máis

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou en Lugo a campaña “Cárgate de sentido común”

Co lema “ Cárgate de sentido común e asina”, A Mesa pretende recoller como mínimo 10.000 sinaturas para o debate da ILP no Parlamento Marcos Maceira:“A iniciativa defende cuestións de sentido común, facer efectivo o dereito básico a empregarmos o galego sempre” En Lugo contaron cun gran apoio de colectivos culturais, sociais e políticos

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou en Lugo a campaña “Cárgate de sentido común” Ler máis

O Apalpador visitou Monforte de Lemos o 31 de decembro.

Éxito na primeira actividade organizada pola  sección da MESA en Lemos na que O Apalpador visitou Monforte, percorreu as rúas do centro, deu consellos sobre alimentación na Praza de Abastos. Máis tarde, contou historias e concienciou a pequenos e maiores sobre ecoloxismo e lingua. Esta visita estivo organizada pola sección da Mesa en Monforte en colaboración […]

O Apalpador visitou Monforte de Lemos o 31 de decembro. Ler máis

Acto en Barcelona o 5 de novembro: o futuro do galego e o protocolo de Donosti

Organizada pola Asemblea Cultural Galega en Barcelona e o Lectorado de galego da Universitat Autónoma de Barcelona en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística. Terá lugar o sábado 5 de novembro ás 20h na sede da Associació Cultural Roig (Carrer del Torrent d´En Vidalet, 34- Barcelona) e contará coa presenza de Marcos Maceira (presidente da […]

Acto en Barcelona o 5 de novembro: o futuro do galego e o protocolo de Donosti Ler máis

As seccións sindicais de Extel da Coruña e A Mesa Pola Normalización Lingüística acordan accións conxuntas

Presionarán a Movistar con chamadas o venres 14 ao 1004 pedindo atención en galego  Nas redes sociais utilizarán os hashtag #NonAoEreEnExtel e #QueremosGalego etiquetando co #1004Responde e @movistar_es

As seccións sindicais de Extel da Coruña e A Mesa Pola Normalización Lingüística acordan accións conxuntas Ler máis

Aberto o prazo para inscribirse nas xornadas “As Irmandades da Fala en Compostela” organizadas pola Agrupación Cultural O Galo coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística

Inscricións e programa en http://irmandadesdafala.wordpress.com

Aberto o prazo para inscribirse nas xornadas “As Irmandades da Fala en Compostela” organizadas pola Agrupación Cultural O Galo coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística Ler máis

A Mesa dirixirase aos grupos municipais de Vigo para que manteñan o uso do galego nos plenos e anulen a reforma do regulamento do pleno

“Non hai ningún motivo para que se manteña a modificación do regulamento do pleno e o galego deixe de ser a lingua de debate e de utilización normal no máximo órgano goberno de Vigo”

A Mesa dirixirase aos grupos municipais de Vigo para que manteñan o uso do galego nos plenos e anulen a reforma do regulamento do pleno Ler máis

Presentación en Carballo da 5ª edición de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza

Terá lugar a sexta feira (venres), 6 de maio ás 20h na libraría Brañas Verdes de Carballo e contará coa presenza do autor, Francisco Rodríguez, e do responsábel da Mesa de Bergantiños, Xosé Cotelo. A presentación está organizada pola Mesa de Bergantiños.

Presentación en Carballo da 5ª edición de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza Ler máis

Presentación en Santiago da 5ª edición de “Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza”.

Terá lugar a terza feira (martes), 15 de marzo ás 20h na libraría Couceiro de Santiago e contará coa presenza do autor, Francisco Rodríguez, e do presidente da Mesa, Marcos Maceira. A presentación está organizada pola Mesa de Santiago xunto coa Agrupación Cultural O Galo.

Presentación en Santiago da 5ª edición de “Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza”. Ler máis

A Mesa pola Normalización Lingüística

Asemblea da Mesa na zona da Coruña

A Mesa pola Normalización Lingüística vai realizar unha asemblea na terza feira (martes) día 23 de febreiro ás 18:00 h. no local da CIG da Coruña. Os puntos a tratar serán os seguintes: Planificación das actividades na zona Información sobre as campañas nacionais Contamos contigo!

Asemblea da Mesa na zona da Coruña Ler máis

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra