A lingua propia vehicular no ensino en toda etapa e materia garante competencia para avanzar na cohesión e no desenvolvemento social e nun ensino adaptado ás proprias necesidades, como ten demostrado o caso catalán.
Mentres TS e PP obrigan e apoian un 25% de castelán no ensino en Catalunya, en Galiza obrigan a só un 33% de galego. O TS avalou o decreto contra o galego que reduciu o ensino en galego do 51% ao 33%, contra o estabelecido na LNL de promover “o uso progresivo no ensino”
Contra tratados internacionais como a Carta Europea das Linguas do Consello de Europa, a posición do TS de reducir o ensino en catalán ou en galego só se entende desde o supremacismo linguístico e da consideración de linguas como o galego e o catalán como prescindíbeis.
Na Galiza existe un acordo amplo de forzas sindicais, anpas, movementos de renovación pedagóxica xunto á Mesa que cumpre todos os requisitos tanto do consello de Europa como do TS para avanzarmos cara ao ensino en galego. O PP nega sequera a possibilidade de poder ser explicada no parlamento.
Todo o noso apoio ao pobo catalán na defensa da súa lingua!