Mocidade

Mocidade pola Normalización Lingüística é a sección xuvenil da Mesa. Pretende a auto-organización da mocidade con consciencia lingüística, traballando co obxectivo de converter o galego en lingua de prestixio para as novas xeracións da Galiza.

A xente nova debe demandar das Administracións Públicas unha política de fomento e promoción da nosa lingua, para que esta poida progresar socialmente. Non podemos continuar permitindo que os nosos dereitos lingüísticos sexan vulnerados.

Desenvolvemos accións para incorporar o galego a diversos ámbitos. Así, coordinamos unha plural Plataforma do Alumnado pola Galeguización do Ensino Medio, esiximos da Xunta de Galiza unha política específica de normalización lingüística para as xeracións máis novas, demandamos o fomento de cinema na nosa lingua, reclamamos os dereitos lingüísticos do alumnado na universidade, etc.

Do mesmo xeito que A Mesa, a Mocidade pola Normalización Lingüística ten como marco de traballo as asembleas territoriais e os grupos de traballo.

Se te animas a colaborar non tes máis que porte en contacto connosco a través das nosas redes sociais, enderezo postal ou do teléfono 981 563 885.

Mocidade

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra