Informe da Mesa pola Normalización Lingüística ao Informe sobre as recomendacións formuladas polo comité de ministros do Consello de Europa

Alén da explicación que o Estado dá no seu informe sobre o nível de cumprimento de cada unha das recomendacións temos que indicar que fóra de accións puntuais non houbo nengunha acción dirixida a cumprilas. Así llo trasladou A Mesa pola Normalización Lingüística ao Informe sobre as recomendacións de acción inmediata formuladas polo comité de ministros do Consello de Europa.

Concretamente en relación á xustiza, á Administración Xeral do Estado na Comunidade autó- noma de Galiza, e no ensino, continúan a ter plena actualidade e validez os informes do Comité de Expertos e as recomendacións do Comité de Ministros do Consello de Europa adoptadas o 20 de xaneiro de 2016 e o 11 de decembro de 2019, porque non houbo nengún cambio nen iniciativa das autoridades para as atender.

Temos que sinalar tamén a falta de recoñecemento legal e por tanto maior desamparo res- pecto á Carta que sofren as persoas falantes de galego nos territorios historicamente de lingua galega pertencentes ás Comunidades autónomas de Asturias, Castela e León e Extremadura.

Nengunhas destas recomendacións foi atendida mesmo a pesar do que temos indicado desde a sociedade civil. Concretamente no ámbito do ensino diferentes entidades sociais represen- tativas do profesorado, nais e pais e estudantes, temos presentada unha proposta que, dentro do marco xurídico, pode contribuir significamente ao cumprimento das Carta Europea e das recomendacións do Consello de Europa de 2016 e 2019, sen que polo de agora teñamos recibido resposta da Xunta de Galiza. Esta proposta conta xa con máis polas entidades sociais e educa- tivas que o Decreto 79/2010 aprobado unilateralmente e sen acordo.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra