Liña do Galego

Para te pores en contacto coa Liña, só tes que nos chamar ao número 981 563 885, escribir a linhadogalego@amesa.gal  ou, se preferires, a través da nosa app A Liña do Galego.

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar porque, cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un défice democrático que cómpre corrixir. A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos.

Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país. Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. Con todas as queixas, consultas e parabéns realizarase un informe anual, que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte.

Queixas

  • Unha persoa traballadora dunha administración pública negouse a me atender en galego.
  • Os sinais da estrada exclúen a lingua propia de Galiza.
  • Estiven máis de dúas horas ao teléfono para conseguir que a miña compañía telefónica me atendese na miña lingua.
  • A miña crianza non recibe as aulas en galego.
  • Unha entidade emprega toponimia deturpada na súa documentación.

Se viviches algunha destas situacións ou outras onde se vulneraron os teus dereitos lingüísticos, denúnciao! Na Liña do Galego tramitamos as queixas da cidadanía ante as entidades afectadas, con total garantía de confidencialidade para os datos da persoa que denuncia.

Non admitimos denuncias anónimas, polo que precisamos que nos facilites os teus datos: nome e apelidos, teléfono móbil e/ou correo electrónico e enderezo postal (rúa, número, andar, código postal e localidade); a entidade que conculcou os teus dereitos e a localidade (ou enderezo web) onde ocorreron os feitos, e unha explicación o máis detallada posíbel dos feitos acontecidos.

Consultas

  • Teño dereito a que unha persoa funcionaria da Administración do Estado me atenda en galego?
  • Como podo galeguizar o meu apelido?
  • Podo falar galego no meu traballo?
  • A que administración me teño que dirixir para pór unha queixa pola vulneración dos meus dereitos lingüísticos?
  • Existen modelos de contratos de alugueiro en galego?

Dirixe todas as túas dúbidas sobre os dereitos lingüísticos da comunidade galegofalante á Liña do Galego. Para isto, indícanos o teu nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, o teu enderezo postal e o motivo da túa consulta.

Parabéns

  • Coñeces algún estabelecemento onde a atención se dea en galego?
  • Algunha entidade que aposta por esta lingua na súa publicidade ou na etiquetaxe dos seus produtos?
  • Unha empresa que teña a súa páxina web en galego?

Ademais de recibiren os teus parabéns polo impulso á normalización da nosa lingua, podes empregar a Liña do Galego para lles facermos chegar as felicitacións da Mesa en representación das nosas máis de 5.000 socias e socios.

Para isto, indícanos o teu nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, o teu enderezo postal así como o nome da entidade e o seu enderezo postal (*rúa, *número, andar, código postal e *localidade) [*Campos obrigatorios], e cando é que esta emprega o galego (atendimento, publicidade, etiquetaxe, web etc).

App A Liña do Galego

Descargar para Android

Descargar para iOS

 

 

A Liña do Galego conta cunha axuda da Deputación da Coruña

Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados pola dramática situación que está atravesando a lingua galega e os atropelos e conculcación dos dereitos lingüísticos que sofren ac otío os seus falantes, deciden fundar o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, auspiciado pola Mesa Pola Normalización Lingüística, para, coa máis rigurosa imparcialidade […]

Ler máis

Últimas noticias

Noticias

App A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa denuncia que goberno español e Xunta dan as costas ás recomendacións do Consello de Europa

A entidade de defensa da lingua recorda nun informe solicitado polas autoridades europeas que o Estado sigue incumprindo os seus compromisos con respecto ás linguas minorizadas e desminte varios aspectos do documento no que o ministerio de política territorial avala a política lingüísitica no ensino da Xunta O Consello de Europa solicitou á Mesa pola […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A comunidade educativa pídelle ao PP que levante o veto á lingua e que dialogue sobre a normalización do galego no ensino

A comunidade educativa lamentou esta mañá nunha rolda de prensa conxunta no Parlamento de Galiza que o Partido Popular vetase a súa participación no debate sobre a normalización do galego do ensino, pedíndolle ao PPdG que “levante o veto á lingua” e que “dialogue sobre a normalización do galego no ensino”.

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

O PP veta a comparecencia do presidente da Mesa no parlamento galego para defender a normalización do galego no ensino

O Partido Popular vén de vetar a comparecencia do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, no Parlamento galego, en representación dos colectivos da comunidade educativa que elaboraron a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza.

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa e outras entidades de defensa das linguas do Estado difunden un vídeo para “pór o Congreso contra a discriminación lingüística”

O audiovisual, que se pode ver nas linguas propias oficiais (galego, catalán e éuscaro) e nas que aspiran a este recoñecemento (asturleonés e aragonés), resume o contido da PNL que presentaron BNG, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid, Compromís e Podemos no Congreso dos Deputados Compostela, 18 de febreiro de 2021.

Ler máis
Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis