Manifesto: A Toxa polo seu nome
Por respecto. Por memoria. Por lei.
3.015 persoas apoiaron xa esta campaña!
Faltan tan só 985 apoios a chegarmos aos 4.000! Axúdanos!

Manifesto: A Toxa polo seu nome

O vindeiro 29 de setembro terá lugar na Illa da Toxa a IV Edición del Foro La Toja 2022 que concentrará unha importante representación de entidades públicas e privadas.

Alén da presenza de cargos públicos internacionais, estatais e galegos, este Foro conta cunha importante achega de diñeiro público, o que habería de obrigar a manter un maior nivel de exixencia e respecto pola lingua e cultura do lugar onde se vai desenvolver e garantir o cumprimento escrupuloso da lexislación.

O uso público e reiterado das formas toponímicas deturpadas non só é demostrativa do interese por eliminar calquera vestixio e mostra da presenza social da lingua propia de Galiza, mesmo sendo unha lingua viva e de amplo uso, senón tamén da impunidade coa se actúa para contravir o indicado na lexislación a este respecto. Resulta especialmente preocupante que este atentado contra a dignidade do pobo galego e da súa lingua e cultura teña apoio explícito de representantes de organismos e institucións cuxa primeira obriga é garantir o respecto pola lei, mesmo destinando fondos públicos á súa celebración.

Todo o poder político e económico que pretende concentra neste Foro non dá dereito a continuar con seu insulto e desprezo anual ao pobo galego e á súa lingua, nen debería dar impunidade para vulnerar a pouca lexislación que ampara o noso idioma.

Lembrámoslle aos participantes que a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística recolle no artigo 10 que “os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”, así como que “estas denominacións son as legais a todos os efectos”. Co fin de cumprir esta obriga, a Xunta de Galiza publicou o Decreto 189/2003, do 6 de febreiro; o Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro; o Decreto 332/1996, do 26 de xullo; e o Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, respectivamente, e onde aparecen as formas toponímicas xenuínas e oficiais.

Por todo o exposto, solicitámoslles a todos os cargos públicos participantes deste foro que poñan esta deturpación en coñecemento da organización do evento instándoos a o modificaren e empregaren a única forma lexítima e oficial do topónimo, rexeitando calquera presenza no foro encanto non garantiren o cumprimento da lexislación que ampara o uso da lingua galega.

Neste sentido mostramos o apoio á concentración que A Mesa pola Normalización Lingüística convoca para a quinta feira (xoves) 29 de setembro ás 19h no paseo do Mar da Illa da Toxa.

3015 apoios para esta campaña.

  1. Xabier Pérez Davila · 35734
    Hai 7 días
  2. Patricia Loures Taracido · 35733
    Hai 7 días
  3. Sinatura cod35732
    Hai 7 días
  4. Sinatura cod35731
    Hai 7 días
  5. Xosé alfredo · 35730
    Hai 7 días
  6. Álex Alonso · 35729
    Hai 7 días
  7. Xoan Fco Garcia Suarez · 35728
    Hai 7 días
  8. Ana Tosar · 35727
    Hai 7 días
  9. Afonso L. · 35726
    Hai 7 días
  10. Sinatura cod35725
    Hai 7 días
  11. Teresa · 35724
    Hai 7 días
  12. Pilar Ponte Patiño · 35723
    Hai 7 días
  13. Sinatura cod35722
    Hai 1 semana
  14. Suso F. Acevedo · 35721
    Hai 1 semana
  15. Jorge · 35720
    Hai 1 semana

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra