Manifestos

IGUALDADE LINGÜÍSTICA: LIBERDADE, PLURALIDADE E DEMOCRACIA

O dereito dos pobos e das persoas a empregaren a súa lingua é un dereito humano. O dereito de uso pleno é garantía de democracia, de liberdade e de progreso social.

A diversidade lingüística, o seu recoñecemento e o seu exercicio, non son un capricho. Son necesidade para vivir con dignidade colectiva nunha sociedade plural, democrática e xusta, que non admita o odio. Contra ninguén. Tampouco por motivos de lingua.

No Estado español o 45% dos seus cidadáns viven en territorios con lingua propia diferente do castelán. Somos millóns os que queremos facelo con toda normalidade, con toda liberdade, en igualdade de condicións, nas mesmas que calquera cidadán en español, o que actualmente non é posíbel.

O Estado español debe cumprir os acordos e tratados internacionais que ratificou, como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, así como documentos consensuados pola sociedade civil, entidades de recoñecemento internacional e expertos tales como a Declaración universal dos dereitos lingüísticos ou o Protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos.

Débese garantir tamén a igualdade, a liberdade e a xustiza para toda a cidadanía nun estado democrático baseado nos valores dos dereitos humanos, a diversidade, e o pluralismo. Un estado debe ser excluínte con todas as discriminacións sexa cal for a súa razón, tamén a lingüística. Ademais, este estado, que parte dunha tradición monolingüe na administración central, debe de ser consciente da situación de discriminación á que foron sometidos os falantes destas linguas e xerar políticas activas de recuperación da súa dignidade e autoestima que permitan o exercicio efectivo dos dereitos lingüísticos.

Por todo isto, emprazamos a todos os partidos políticos a asumiren os seguintes principios de igualdade lingüística, para garantir unhas sociedades xustas, realmente plural e democrática, con dereitos e deberes efectivamente iguais para todos e non só para aqueles que utilizan o castelán:

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

1. As linguas propias distintas do castelán deben gozar dos mesmos dereitos e deberes que se recoñecen ao castelán.

2. Entre estes dereitos, atópase en primeiro lugar o deber de coñecemento, sen o cal existe unha desigualdade manifesta, como linguas oficiais, respecto ao castelán, que si goza deste deber. Para este recoñecemento son necesarias medidas adecuadas para estender o coñecemento xeralizado das linguas nos seus respectivos territorios.

3. O Estado debe de asumir de feito e de dereito –non só retoricamente, como até agora– a súa condición de plurilingüe na súa lexislación e as súas administracións, a comezar pola súa Constitución, e seguir o exemplo das sociedades plurilingües máis avanzadas como a Bélxica, a Suíza ou o Canadá. A administración do Estado que rexe a cidadanía dos territorios con lingua propia diferente do castelán debe permitir esa realidade plurilingüe e poder funcionar nas diferentes linguas independentemente da súa situación física. É o caso das Cortes Xerais, os Tribunais Constitucional, Supremo e a Audiencia Nacional ou organismos como a Axencia Tributaria ou a Seguridade Social.

4. É preciso apoiar reformas estatutarias para a oficialidade das linguas propias que aínda non son oficiais nunha parte ou na totalidade do territorio onde se falan.

5. Para garantir a igualdade lingüística, o Estado debe estender deberes e dereitos dos que até agora só se beneficiou o castelán, como son a capacitación en linguas propias do persoal de todas as administracións públicas, incluída a de xustiza, o seu uso xeralizado nas páxinas oficiais e o seu recoñecemento a nivel internacional e paridade co castelán. Así mesmo debe pór fin á imposición legal exclusiva do castelán na normativa estatal, que afecta de maneira frontal ao ámbito económico e singularmente á etiquetaxe, e debe de emprender unha política decidida para rematar coas discriminacións lingüísticas e para difundir o coñecemento e o respecto por todas as nosas linguas.

6. Os poderes do Estado non deben de ser nunca arietes contra a promoción das linguas do estado nin as divisións administrativas, dentro ou fóra do seu territorio, escusas para limitar os dereitos lingüísticos. Débese permitir o uso administrativo das distintas linguas entre territorios do mesmo espazo lingüístico sen barreiras e asinando acordos para a recepción recíproca de medios de comunicación dentro deses espazos lingüísticos.

Reclamamos respecto real, baseado en dereitos e deberes e na actuación comprometida de todos os poderes do Estado. Con isto gañará a convivencia, gañarán as nosas sociedades, gañará a democracia e gañará a igualdade.

Pluralitat lingüística Pluralidade lingüística Hizkuntza-aniztasuna Pluralidá llingüística Pluralidat lingüistica

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Deixar o teu apoio a esta campaña

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

[1437] apoios para “IGUALDADE LINGÜÍSTICA: LIBERDADE, PLURALIDADE E DEMOCRACIA”

  1. Dolores Dominguez Santos / Santiago de Compostela / Xubilada [hai 1 ano / cód:4477 ]

  2. Xose Manuel Sendin / Paraños [hai 1 ano / cód:4476 ]

  3. Natalia Moreiras Fernández / Chantada / Estudante [hai 1 ano / cód:4475 ]

  4. Óscar Manuel Martínez Iglesias / Redondela / Mestre de primaria [hai 1 ano / cód:4474 ]

  5. Eduardo Búa / Moraña / Psicólogo [hai 1 ano / cód:4473 ]

  6. Xabier Fernández Conde / Vigo / Pública [hai 1 ano / cód:4472 ]

  7. Rosa Padin Ochoa [hai 1 ano / cód:4471 ]

  8. Julio Velasco Benayon / Pontevedra [hai 1 ano / cód:4470 ]

  9. Miguel Vieito Villar / Lugo / Avogado [hai 1 ano / cód:4469 ]

  10. Manuel Ángel López Cadahía / Monforte de Lemos / Xubilado [hai 1 ano / cód:4468 ]

  11. Pedro González Rubianes / Vilagarcía de Arousa / Tatuador [hai 1 ano / cód:4467 ]

  12. Xusto Rodriguez Rio / Santiago de Compostela / Traballador da USC [hai 1 ano / cód:4466 ]

  13. Marta Fernández Justo / O Carballiño / Estudante [hai 1 ano / cód:4465 ]

  14. Verónica Pena / A Coruña / Hix Dental [hai 1 ano / cód:4464 ]

  15. Ricardo Rodriguez Taboada / R/A Barreira, Cristimil, Lalin,Pontevedra / Técnico Emerxencias Sanitarias [hai 1 ano / cód:4463 ]

  16. David Fernández Columna / Mondariz / Empleado [hai 1 ano / cód:4462 ]

  17. Xoan Vilas lopez / Noia / Bombeiro forestal [hai 1 ano / cód:4461 ]

  18. María Xosé Rial Conde / Vigo [hai 1 ano / cód:4460 ]

  19. Ángeles Martín Méndez / Pontevedra / Mestra [hai 1 ano / cód:4459 ]

  20. Carmela Castro González / Rianxo / Estudante [hai 1 ano / cód:4458 ]

  21. Xoán Carlos Domínguez Pérez / Salvaterra de Miño / Adminstración [hai 1 ano / cód:4457 ]

  22. Manuel Anxo Castro Mato / Rianxo / Funcionario [hai 1 ano / cód:4456 ]

  23. Aldara Muíños Rodríguez / Rianxo / Estudiante [hai 1 ano / cód:4455 ]

  24. Covadonga Rodríguez Argüelles / Rianxo / Mestra [hai 1 ano / cód:4454 ]

  25. XOSÉ CÉSAR BLANCO POCEIRO / Vilaboa / Empregado [hai 1 ano / cód:4453 ]

  26. Bernal Muíños Rodríguez / Rianxo / Estudante [hai 1 ano / cód:4452 ]

  27. Isaac Abreu Rodríguez / Vigo / Informático [hai 1 ano / cód:4451 ]

  28. Eduardo Mera Fernández / Narón / Xubilado [hai 1 ano / cód:4450 ]

  29. María Xosé Martínez Bengoa / Narón / Mestra xubilada [hai 1 ano / cód:4449 ]

  30. Andrés Muñz Caneda / O Grove / Gandeiro - Cunicultor [hai 1 ano / cód:4448 ]

  31. Ana María Rodríguez Cordo / Pontevedra [hai 1 ano / cód:4447 ]

  32. María Ortega Iñarrea / Moaña [hai 1 ano / cód:4446 ]

  33. Santiago Martínez Ventoso / Ribeira / Estudante [hai 1 ano / cód:4445 ]

  34. Jose Eugenio Gayo Piñeiro / Moaña [hai 1 ano / cód:4444 ]

  35. Xosé María Facal Abeledo / Lalín / Profesor [hai 1 ano / cód:4443 ]

  36. Odilo Barreiro Martínez / Moaña / Mestre [hai 1 ano / cód:4442 ]

  37. gonzalo blanco vazquez / ourense / celador complexo hospitalario [hai 1 ano / cód:4441 ]

  38. Manuel Otero Pèrez / Bueu / Retirado [hai 1 ano / cód:4438 ]

  39. Manuel Romero Abeijon / Vigo / Xubilado [hai 1 ano / cód:4437 ]

  40. Adan Carbó Argibay / Vigo / Fisioterapeuta [hai 1 ano / cód:4435 ]

  41. María Eugenia Argibay Pedrido / Vigo / Carniceira/Chacineira [hai 1 ano / cód:4434 ]

  42. M VIRGINIA CALVIÑO BALTAR / Vigo / Profesora [hai 1 ano / cód:4433 ]

  43. David Carbó Argibay / Vigo / Terapeuta ocupacional [hai 1 ano / cód:4432 ]

  44. María Justo González / O Carballiño [hai 1 ano / cód:4431 ]

  45. Anxo R. Romero Louro / Vigo / Xubilado [hai 1 ano / cód:4430 ]

  46. Ana M. González / Vigo / Docente [hai 1 ano / cód:4429 ]

  47. María / Boiro [hai 1 ano / cód:4428 ]

  48. Marta Ferreiro Fernández / Vilagarcía de Arousa / Profesora [hai 1 ano / cód:4427 ]

  49. María Cristina Hermida Moinelo / Vigo / Administrativa [hai 1 ano / cód:4426 ]

  50. Iria Sobrado / Compostela / Actriz [hai 1 ano / cód:4425 ]

  51. Ismael Novo Souto / A Coruña / Entrenador persoal [hai 1 ano / cód:4424 ]

  52. Paula Docampo Hortas / O Carballiño [hai 1 ano / cód:4423 ]

  53. Susana Cruces Colado / Vigo / Docente [hai 1 ano / cód:4422 ]

  54. Ana Carbajal Fernández / Arcade / Mestra [hai 1 ano / cód:4421 ]

  55. Elisa Otero Puza / Vigo / Mestra [hai 1 ano / cód:4420 ]

  56. Marisé Fernández Figueiras / Lugo / Profesora [hai 1 ano / cód:4419 ]

  57. Paulino Peña Álvarez / Ourense / Mestre [hai 1 ano / cód:4418 ]

  58. J. Vicente Vázquez F. / Rianxo / Ex-docente [hai 1 ano / cód:4417 ]

  59. Jorge Lorenzo Vila / Laza / Auxiliar administrativo [hai 1 ano / cód:4416 ]

  60. Isabel Martínez-Risco Valdivieso / A Coruña / Actriz [hai 1 ano / cód:4415 ]

  61. Henrique Garcia Polinexia / Ourense / Autonomo [hai 1 ano / cód:4414 ]

  62. Xoán Carlos Domínguez Alberte / Terra de Celanova / Profesor [hai 1 ano / cód:4413 ]

  63. Lorena Alvarez Vila / Ourense / Profesora [hai 1 ano / cód:4412 ]

  64. Gloria Vilar Alvarez / Ourense / Administrativa [hai 1 ano / cód:4411 ]

  65. David Aldea Alonso [hai 1 ano / cód:4410 ]

  66. Tania García Vázquez / Vigo [hai 1 ano / cód:4409 ]

  67. Lidia López Teijeiro / Cospeito / Profesora Ensino Secundario [hai 1 ano / cód:4408 ]

  68. Ana María Pazo Blanco / Santiago de Compostela / Xubilada [hai 1 ano / cód:4407 ]

  69. Xabier Villar Bello / Cerceda / Bombeiro [hai 1 ano / cód:4406 ]

  70. Maria Isabel Seoane Sánchez [hai 1 ano / cód:4405 ]

  71. Ana Dopazo Gómez / Santiago de Compostela / Estudante de Educación Social [hai 1 ano / cód:4404 ]

  72. Susana Méndez / Teo / Activista sindical e pola lingua [hai 1 ano / cód:4403 ]

  73. Manuel Rodiño Fernandez / Teo [hai 1 ano / cód:4402 ]

  74. Isabel Cota Muñiz / Verín / Profesora [hai 1 ano / cód:4401 ]

  75. Fernando Torreiro González / A Coruña / Xubilado [hai 1 ano / cód:4400 ]

  76. Alicia Montes portas / Nigran / Estudante [hai 1 ano / cód:4399 ]

  77. María Xesús Pazo Blanco / A Coruña / Pensionada ( mestra) [hai 1 ano / cód:4398 ]

  78. Xosé Manoel Gómez Vázquez / Ferrol / Xubilado [hai 1 ano / cód:4397 ]

  79. Xavier Riádigos Couso / OURENSE / Estudante [hai 1 ano / cód:4396 ]

  80. Andrés Fernández Rodríguez / O Carballiño / Traballador [hai 1 ano / cód:4395 ]

  81. Carlos Rivas Vila / Vigo / Estudante [hai 1 ano / cód:4394 ]

  82. Xosé Manuel Pazo Blanco / Ferrol / Reformado [hai 1 ano / cód:4393 ]

  83. Adrián Moa Martínez / A Guarda / Estudante [hai 1 ano / cód:4392 ]

  84. María Jesús Martínez / Milladoiro / Traballadora social [hai 1 ano / cód:4391 ]

  85. Aitor Correa Rodríguez / Vigo / Universitario [hai 1 ano / cód:4390 ]

  86. Alba Sobradelo Barros / Rianxo / Estudante [hai 1 ano / cód:4389 ]

  87. Manuel Barreiro Diaz / Lugo / Profesor [hai 1 ano / cód:4388 ]

  88. Remedios Forneiro Cruz / O Carballiño / Mestra [hai 1 ano / cód:4387 ]

  89. María del Carmen Dorado Vidal [hai 1 ano / cód:4386 ]

  90. Varela Rodríguez María Olga / Monforte de Lemos / Mestra [hai 1 ano / cód:4385 ]

  91. Darío Lemos Rodríguez / Cangas / Programador [hai 1 ano / cód:4384 ]

  92. Jesús López Taboada [hai 1 ano / cód:4383 ]

  93. Carmen conde sampedro / Ourense / Xubilada [hai 1 ano / cód:4382 ]

  94. M CARMEN DURÁN MARTÍNEZ / CAMBADOS / Activista DDHH e XXUU-EDUCACIÓN + [hai 1 ano / cód:4381 ]

  95. Santiago Fernández Rozada / O Carballiño / Profesor [hai 1 ano / cód:4380 ]

  96. Arximiro Bautista Villar González / Santiago de Compostela / Profesor e escritor [hai 1 ano / cód:4379 ]

  97. Tania Pose Ordóñez / Rianxo / Estudante [hai 1 ano / cód:4378 ]

  98. Blanca Bouzada Táboas / Heidelberg, Alemaña / Consultora [hai 1 ano / cód:4377 ]

  99. Cesar Lourido Landin / O Porriño / Operario almacén [hai 1 ano / cód:4376 ]

  100. Alicia Martínez Redondo / Vigo / Administrativa [hai 1 ano / cód:4375 ]

  101. Patricia Maquieira Gómez / Vigo / Administrativa [hai 1 ano / cód:4374 ]

  102. Gracia Santorum López / Lalín / Profesora [hai 1 ano / cód:4373 ]

  103. Amalia Domínguez García / Marin / Pinche [hai 1 ano / cód:4372 ]

  104. Luisa Postigo Sastre / Vigo / Maestra jubilada [hai 1 ano / cód:4371 ]

  105. Ricardo Rey Gómez / Carballo / Autónomo [hai 1 ano / cód:4370 ]

  106. Camila Moreira Fontán / O Porriño / Traballadora industria biotecnoloxía [hai 1 ano / cód:4369 ]

  107. Adrián Chaves Fernández / Vigo / Desenvolvemento de software [hai 1 ano / cód:4368 ]

  108. María Carme Fontoira Bea / O Grove / Mariscadora [hai 1 ano / cód:4367 ]

  109. Rafael Rodríguez Gaioso / Melide / Informático [hai 1 ano / cód:4366 ]

  110. José Enrique Fernandez Rozada / Melón / Mestre [hai 1 ano / cód:4365 ]

  111. Félix Aragunde Pérez / Lugo / Xornalismo [hai 1 ano / cód:4364 ]

  112. Tino castedo / Castroverde / Informática [hai 1 ano / cód:4363 ]

  113. María González González / Teo / Docente [hai 1 ano / cód:4362 ]

  114. Eduardo García Parada / Vigo / Profesor [hai 1 ano / cód:4361 ]

  115. Ana Belén Mellado Franco / Cortegada(Sarreaus) / Profesora de lingua galega [hai 1 ano / cód:4360 ]

  116. Carmen Nogareda varel / Ferrol / Empleada do fogar [hai 1 ano / cód:4359 ]

  117. Daniel Muñiz Fontoira [hai 1 ano / cód:4358 ]

  118. Sonia Senra Ferreiro [hai 1 ano / cód:4357 ]

  119. SaraGarcía / Barcelona / Enfermera [hai 1 ano / cód:4356 ]

  120. Juan Antonio Dominguez Bravo / Gondomar / Comercio textil [hai 1 ano / cód:4355 ]

  121. Germán Garcia Diaz / Altea / Xubilado [hai 1 ano / cód:4354 ]

  122. Antonio Castroagudín Campos / Cuntis / Fisioterapeuta [hai 1 ano / cód:4353 ]

  123. Xesús Nogueira Garea [hai 1 ano / cód:4352 ]

  124. Bernat Romagosa Carrasquer / Sant Feliu de Llobregat / Programador [hai 1 ano / cód:4351 ]

  125. Xose Ramón Alonso Priegue / Vigo / Profesor secundaria [hai 1 ano / cód:4350 ]

  126. Dores Sánchez Alegre / A Coruña / Técnica de normalización lingüística [hai 1 ano / cód:4349 ]

  127. Carlos Da Aira Fernández / Allariz / Programador Informático [hai 1 ano / cód:4348 ]

  128. Matilde Villanueva / Maside / Mestra [hai 1 ano / cód:4347 ]

  129. Henrique Dacosta López / Ferrol / profesor ES [hai 1 ano / cód:4346 ]

  130. Milagros Da Aira Fernández / Allariz (Ourense) / Profesora [hai 1 ano / cód:4345 ]

  131. Miguel A. Bouzada Fernández / Vigo / Técnico informático [hai 1 ano / cód:4344 ]

  132. Francisco Nogareda Varela / A Coruña / Conductor profesional [hai 1 ano / cód:4343 ]

  133. Beatriz Martínez Cordeiro / Moaña / Docencia [hai 1 ano / cód:4342 ]

  134. Xose Luis fernandez rivera / Lourenzá / Autónomo [hai 1 ano / cód:4341 ]

  135. María das Neves Hermida Díaz / Vigo / Docente [hai 1 ano / cód:4340 ]

  136. Xoán Goris García / Moraña / Estudante [hai 1 ano / cód:4339 ]

  137. Olalla Monteagudo Padín / O Grove / Veterinaria [hai 1 ano / cód:4338 ]

  138. Paulo Basanta Cerezo / LUGO / Desenhador [hai 1 ano / cód:4337 ]

  139. Diego José Pedrido Fernández / Vigo / Adiestrador de fútbol [hai 1 ano / cód:4336 ]

  140. Luisa Garrido Vilas / Mondariz balneario / Enfermeira [hai 1 ano / cód:4335 ]

  141. Jesús Varela Pérez / Palas de rei / Comercial [hai 1 ano / cód:4334 ]

  142. Ana Fra Enríquez / O Carballiño / Desempregada [hai 1 ano / cód:4333 ]

  143. Marcos Cuñarro Alén / Vigo / Funcionario [hai 1 ano / cód:4331 ]

  144. Emilio Rodríguez Tilve / Ourense Ourense [hai 1 ano / cód:4330 ]

  145. Iria de Pazos Bugarín / Cangad do Morrazo / Mestra Educaciòn Especial [hai 1 ano / cód:4329 ]

  146. Adrián Figueiras Alonso / Chantada / Fisioterapeuta [hai 1 ano / cód:4328 ]

  147. maria ilduara perez pintos / vigo / administrativa [hai 1 ano / cód:4327 ]

  148. X. Ramón Brea Rei / Dodro / Profesor xubilado [hai 1 ano / cód:4326 ]

  149. IGNACIO ATANES GONZÁLEZ / O Carballiño / Informático [hai 1 ano / cód:4325 ]

  150. Rosa Moreiras Cuñarro / Teo / Técnica de Normalización Lingüistica [hai 1 ano / cód:4324 ]

  151. Alberto Fernández Tejo / Vigo / Fisioterapeuta [hai 1 ano / cód:4323 ]

  152. Lucía Rivas / Burela / Fotografía [hai 1 ano / cód:4322 ]

  153. Javier Somoza González / Vigo / Loxística [hai 1 ano / cód:4321 ]

  154. Karina Parga Chao / Burela [hai 1 ano / cód:4320 ]

  155. Nani Blanco González / O Carballiño / Enfermeira [hai 1 ano / cód:4319 ]

  156. Reis Rodríguez Dopazo / Barbadás [hai 1 ano / cód:4318 ]

  157. Ana Recaman / Pontevedra / Tecnico [hai 1 ano / cód:4317 ]

  158. Marta Pérez / Santiago de Compostela / Creadora Escénica [hai 1 ano / cód:4316 ]

  159. Álvaro Celeiro González / Lugo / Estudiante [hai 1 ano / cód:4315 ]

  160. Antonia Nóvoa Vázquez / Ourense / Funcionaria [hai 1 ano / cód:4314 ]

  161. Rochi Nóvoa Vàzquez / Ourense / Mestra [hai 1 ano / cód:4313 ]

  162. Sergio Otero Gómez / Pontevedra [hai 1 ano / cód:4312 ]

  163. Ana González / Vigo [hai 1 ano / cód:4311 ]

  164. Eladino Cabanelas Fernández / O Carballiño / Deseñador Gráfico [hai 1 ano / cód:4310 ]

  165. María Lorena Suárez Pazos / Vimianzo / Profesora [hai 1 ano / cód:4309 ]

  166. Lorena Pérez Torrón / Redondela / Profesora de ensino medio [hai 1 ano / cód:4308 ]

  167. Eva Valiño / Oleiros [hai 1 ano / cód:4307 ]

  168. Cristina Alonso Alonso / Vigo / Terceiro Sector [hai 1 ano / cód:4306 ]

  169. Ramiro Chaves Mon / Cervo [hai 1 ano / cód:4305 ]

  170. Agapita Muñoz murados / San Cibrao [hai 1 ano / cód:4304 ]

  171. Iria Millor Durán / A Coruña [hai 1 ano / cód:4303 ]

  172. Manuel González Seoane / A Coruña / Mestre [hai 1 ano / cód:4302 ]

  173. iria Fernández Moscoso / Cangas - Foz / Docente [hai 1 ano / cód:4301 ]

  174. Ana Belén de Sá Santomé / Alcala de Henares / Profesora de secundaria [hai 1 ano / cód:4300 ]

  175. SERXIO GÓMEZ VÁZQUEZ / Santa Cruz de Tenerife / Psicoloxía [hai 1 ano / cód:4299 ]

  176. María Rosario González teijeiro / Lugo / Xubilada [hai 1 ano / cód:4298 ]

  177. Lucía Casal de la Fuente / Compostela / Investigadora, docente e cantante [hai 1 ano / cód:4297 ]

  178. Manuel Castelao perez / Porto do son / Conductor profesional [hai 1 ano / cód:4296 ]

  179. María Elisa Piñeiro López / Lugo / Profesora [hai 1 ano / cód:4295 ]

  180. Lucas Díaz Balado / Meira [hai 1 ano / cód:4294 ]

  181. Isabel Iglesias Garrido / Vigo / Administraciòn [hai 1 ano / cód:4293 ]

  182. Anxos Galocha [hai 1 ano / cód:4292 ]

  183. Araceli Pillado / Fonmiña / Xubilada [hai 1 ano / cód:4291 ]

  184. María Xesús López Escudeiro / Pontevedra / Ensinante [hai 1 ano / cód:4290 ]

  185. Gonzalo Constenla Bergueiro / A Estrada / Profesor [hai 1 ano / cód:4289 ]

  186. Francisco José Portela Pastoriza / Santa Uxía de Ribeira / Terapeuta Gestalt e Masaxista Ayurveda [hai 1 ano / cód:4288 ]

  187. Damián Suárez Vázquez / Vigo / Ensino [hai 1 ano / cód:4287 ]

  188. Alba Serra Juhe [hai 1 ano / cód:4286 ]

  189. Javier Rodríguez Peleteiro / Vigo / Industria [hai 1 ano / cód:4285 ]

  190. Moncho Vázquez / Taragoña / CMM, Xubilado [hai 1 ano / cód:4284 ]

  191. Luz Galocha [hai 1 ano / cód:4283 ]

  192. Aurora Díaz Andres / Pontevedra / Abogada [hai 1 ano / cód:4282 ]

  193. María do Campo Bayón / OURENSE / ENXEÑEIRA DE LOCALIZACION [hai 1 ano / cód:4281 ]

  194. Silvestre Gómez Xurxo / Bertamiráns - Ames / Xubilado [hai 1 ano / cód:4280 ]

  195. Francesc Pons Valladares / Sant Feliu de Llobregat / Medico [hai 1 ano / cód:4279 ]

  196. Adolfo Bueses Costas / Gondomar / admin. publica [hai 1 ano / cód:4278 ]

  197. María Villarino González / A Coruña / Psicóloga [hai 1 ano / cód:4277 ]

  198. Mercedes Fernándex Méndez / Lugo / Professora. [hai 1 ano / cód:4276 ]

  199. Magda Valladares Casanovas / Castellfollit del boix / Jubilada [hai 1 ano / cód:4275 ]

  200. Xoana Vazquez Vicente / Sant Feliu Llobregat / Medico [hai 1 ano / cód:4274 ]

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis