IGUALDADE LINGÜÍSTICA: LIBERDADE, PLURALIDADE E DEMOCRACIA

O dereito dos pobos e das persoas a empregaren a súa lingua é un dereito humano. O dereito de uso pleno é garantía de democracia, de liberdade e de progreso social.

A diversidade lingüística, o seu recoñecemento e o seu exercicio, non son un capricho. Son necesidade para vivir con dignidade colectiva nunha sociedade plural, democrática e xusta, que non admita o odio. Contra ninguén. Tampouco por motivos de lingua.

No Estado español o 45% dos seus cidadáns viven en territorios con lingua propia diferente do castelán. Somos millóns os que queremos facelo con toda normalidade, con toda liberdade, en igualdade de condicións, nas mesmas que calquera cidadán en español, o que actualmente non é posíbel.

O Estado español debe cumprir os acordos e tratados internacionais que ratificou, como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, así como documentos consensuados pola sociedade civil, entidades de recoñecemento internacional e expertos tales como a Declaración universal dos dereitos lingüísticos ou o Protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos.

Débese garantir tamén a igualdade, a liberdade e a xustiza para toda a cidadanía nun estado democrático baseado nos valores dos dereitos humanos, a diversidade, e o pluralismo. Un estado debe ser excluínte con todas as discriminacións sexa cal for a súa razón, tamén a lingüística. Ademais, este estado, que parte dunha tradición monolingüe na administración central, debe de ser consciente da situación de discriminación á que foron sometidos os falantes destas linguas e xerar políticas activas de recuperación da súa dignidade e autoestima que permitan o exercicio efectivo dos dereitos lingüísticos.

Por todo isto, emprazamos a todos os partidos políticos a asumiren os seguintes principios de igualdade lingüística, para garantir unhas sociedades xustas, realmente plural e democrática, con dereitos e deberes efectivamente iguais para todos e non só para aqueles que utilizan o castelán:

1. As linguas propias distintas do castelán deben gozar dos mesmos dereitos e deberes que se recoñecen ao castelán.

2. Entre estes dereitos, atópase en primeiro lugar o deber de coñecemento, sen o cal existe unha desigualdade manifesta, como linguas oficiais, respecto ao castelán, que si goza deste deber. Para este recoñecemento son necesarias medidas adecuadas para estender o coñecemento xeralizado das linguas nos seus respectivos territorios.

3. O Estado debe de asumir de feito e de dereito –non só retoricamente, como até agora– a súa condición de plurilingüe na súa lexislación e as súas administracións, a comezar pola súa Constitución, e seguir o exemplo das sociedades plurilingües máis avanzadas como a Bélxica, a Suíza ou o Canadá. A administración do Estado que rexe a cidadanía dos territorios con lingua propia diferente do castelán debe permitir esa realidade plurilingüe e poder funcionar nas diferentes linguas independentemente da súa situación física. É o caso das Cortes Xerais, os Tribunais Constitucional, Supremo e a Audiencia Nacional ou organismos como a Axencia Tributaria ou a Seguridade Social.

4. É preciso apoiar reformas estatutarias para a oficialidade das linguas propias que aínda non son oficiais nunha parte ou na totalidade do territorio onde se falan.

5. Para garantir a igualdade lingüística, o Estado debe estender deberes e dereitos dos que até agora só se beneficiou o castelán, como son a capacitación en linguas propias do persoal de todas as administracións públicas, incluída a de xustiza, o seu uso xeralizado nas páxinas oficiais e o seu recoñecemento a nivel internacional e paridade co castelán. Así mesmo debe pór fin á imposición legal exclusiva do castelán na normativa estatal, que afecta de maneira frontal ao ámbito económico e singularmente á etiquetaxe, e debe de emprender unha política decidida para rematar coas discriminacións lingüísticas e para difundir o coñecemento e o respecto por todas as nosas linguas.

6. Os poderes do Estado non deben de ser nunca arietes contra a promoción das linguas do estado nin as divisións administrativas, dentro ou fóra do seu territorio, escusas para limitar os dereitos lingüísticos. Débese permitir o uso administrativo das distintas linguas entre territorios do mesmo espazo lingüístico sen barreiras e asinando acordos para a recepción recíproca de medios de comunicación dentro deses espazos lingüísticos.

Reclamamos respecto real, baseado en dereitos e deberes e na actuación comprometida de todos os poderes do Estado. Con isto gañará a convivencia, gañarán as nosas sociedades, gañará a democracia e gañará a igualdade.

Pluralitat lingüística Pluralidade lingüística Hizkuntza-aniztasuna Pluralidá llingüística Pluralidat lingüistica

1449 apoios para esta campaña.

  1. Xosé Manoel Mosteiro Valle · 3917
    Hai 5 anos · Melide
  2. JOSE MARIÑO RODRIGUEZ · 3916
    Hai 5 anos · Funcionario · Monforte de Lemos
  3. Laura Arrojo Reguera · 3915
    Hai 5 anos · Profesora · Lugo
  4. Borja Díaz Santiso · 3914
    Hai 5 anos · Estudante universitario · A Feira do Monte
  5. Diana García Lixó · 3913
    Hai 5 anos · Estudante · Porto do Son
  6. Manuel Garcia Caamaño · 3912
    Hai 5 anos · Parado · A coruña
  7. María Martínez Nogueira · 3911
    Hai 5 anos · Profesora · Moaña
  8. Diego Santamaría · 3910
    Hai 5 anos · Estudante · O Porriño
  9. Lucrecia Rosario López Cernadas · 3909
    Hai 5 anos · Neda
  10. Daniel Pèrez Lòpez · 3908
    Hai 5 anos · Avogado · Carballo
  11. Feli Varela Varela · 3907
    Hai 5 anos
  12. Ana Pena Rouco · 3906
    Hai 5 anos · Informadora turística · Foz
  13. Máximo Antonio Coejo Cores · 3905
    Hai 5 anos · Instalador · Vigo
  14. María Élida Míguez Pazos · 3904
    Hai 5 anos · Administrativo · Arcade-Soutomaior
  15. Ana Rodríguez · 3903
    Hai 5 anos · Enxeñeira · A Corula

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra