IGUALDADE LINGÜÍSTICA: LIBERDADE, PLURALIDADE E DEMOCRACIA

O dereito dos pobos e das persoas a empregaren a súa lingua é un dereito humano. O dereito de uso pleno é garantía de democracia, de liberdade e de progreso social.

A diversidade lingüística, o seu recoñecemento e o seu exercicio, non son un capricho. Son necesidade para vivir con dignidade colectiva nunha sociedade plural, democrática e xusta, que non admita o odio. Contra ninguén. Tampouco por motivos de lingua.

No Estado español o 45% dos seus cidadáns viven en territorios con lingua propia diferente do castelán. Somos millóns os que queremos facelo con toda normalidade, con toda liberdade, en igualdade de condicións, nas mesmas que calquera cidadán en español, o que actualmente non é posíbel.

O Estado español debe cumprir os acordos e tratados internacionais que ratificou, como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, así como documentos consensuados pola sociedade civil, entidades de recoñecemento internacional e expertos tales como a Declaración universal dos dereitos lingüísticos ou o Protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos.

Débese garantir tamén a igualdade, a liberdade e a xustiza para toda a cidadanía nun estado democrático baseado nos valores dos dereitos humanos, a diversidade, e o pluralismo. Un estado debe ser excluínte con todas as discriminacións sexa cal for a súa razón, tamén a lingüística. Ademais, este estado, que parte dunha tradición monolingüe na administración central, debe de ser consciente da situación de discriminación á que foron sometidos os falantes destas linguas e xerar políticas activas de recuperación da súa dignidade e autoestima que permitan o exercicio efectivo dos dereitos lingüísticos.

Por todo isto, emprazamos a todos os partidos políticos a asumiren os seguintes principios de igualdade lingüística, para garantir unhas sociedades xustas, realmente plural e democrática, con dereitos e deberes efectivamente iguais para todos e non só para aqueles que utilizan o castelán:

1. As linguas propias distintas do castelán deben gozar dos mesmos dereitos e deberes que se recoñecen ao castelán.

2. Entre estes dereitos, atópase en primeiro lugar o deber de coñecemento, sen o cal existe unha desigualdade manifesta, como linguas oficiais, respecto ao castelán, que si goza deste deber. Para este recoñecemento son necesarias medidas adecuadas para estender o coñecemento xeralizado das linguas nos seus respectivos territorios.

3. O Estado debe de asumir de feito e de dereito –non só retoricamente, como até agora– a súa condición de plurilingüe na súa lexislación e as súas administracións, a comezar pola súa Constitución, e seguir o exemplo das sociedades plurilingües máis avanzadas como a Bélxica, a Suíza ou o Canadá. A administración do Estado que rexe a cidadanía dos territorios con lingua propia diferente do castelán debe permitir esa realidade plurilingüe e poder funcionar nas diferentes linguas independentemente da súa situación física. É o caso das Cortes Xerais, os Tribunais Constitucional, Supremo e a Audiencia Nacional ou organismos como a Axencia Tributaria ou a Seguridade Social.

4. É preciso apoiar reformas estatutarias para a oficialidade das linguas propias que aínda non son oficiais nunha parte ou na totalidade do territorio onde se falan.

5. Para garantir a igualdade lingüística, o Estado debe estender deberes e dereitos dos que até agora só se beneficiou o castelán, como son a capacitación en linguas propias do persoal de todas as administracións públicas, incluída a de xustiza, o seu uso xeralizado nas páxinas oficiais e o seu recoñecemento a nivel internacional e paridade co castelán. Así mesmo debe pór fin á imposición legal exclusiva do castelán na normativa estatal, que afecta de maneira frontal ao ámbito económico e singularmente á etiquetaxe, e debe de emprender unha política decidida para rematar coas discriminacións lingüísticas e para difundir o coñecemento e o respecto por todas as nosas linguas.

6. Os poderes do Estado non deben de ser nunca arietes contra a promoción das linguas do estado nin as divisións administrativas, dentro ou fóra do seu territorio, escusas para limitar os dereitos lingüísticos. Débese permitir o uso administrativo das distintas linguas entre territorios do mesmo espazo lingüístico sen barreiras e asinando acordos para a recepción recíproca de medios de comunicación dentro deses espazos lingüísticos.

Reclamamos respecto real, baseado en dereitos e deberes e na actuación comprometida de todos os poderes do Estado. Con isto gañará a convivencia, gañarán as nosas sociedades, gañará a democracia e gañará a igualdade.

Pluralitat lingüística Pluralidade lingüística Hizkuntza-aniztasuna Pluralidá llingüística Pluralidat lingüistica

1448 apoios para esta campaña.

  1. Verónica Rúa Garrido · 3947
    Hai 3 anos · Profesora · A Valenzá
  2. Diego Blanco Girón · 3946
    Hai 3 anos · Administrador de Sistemas · Ribadeo
  3. Anton Baleato Lizancos · 3945
    Hai 3 anos · Investigador · CAMBRIDGE, uk
  4. Ana Isabel Paz Villar · 3944
    Hai 3 anos · Mestra · Castrelo de Miño
  5. Marta Trillo Domínguez · 3943
    Hai 3 anos · Santiago de Compostela
  6. Raquel Pérez Gago · 3942
    Hai 3 anos · Mestra · Arbo
  7. José Manoel Afonso Nozeda · 3941
    Hai 3 anos · Mestre · Barbadás
  8. Nieves Mera Gonzalez · 3940
    Hai 3 anos · Farmacéutica · Bertamirans
  9. Ignacio Portela Gómez-Macías · 3939
    Hai 3 anos · Docente ESO · Taboada
  10. Emanuel Salgueiro Álvarez · 3938
    Hai 3 anos · Médico · Santiago de Compostela
  11. Manuel Figueiras Fernández · 3937
    Hai 3 anos · Ensinante · Chantada
  12. María Josefa Vázquez Vázquez · 3936
    Hai 3 anos · Chantada
  13. María Begoña Pérez García · 3935
    Hai 3 anos · Mestra · Poio
  14. Aleixo Torres Pego · 3934
    Hai 3 anos · Profesor de ensino secundario · Compostela
  15. Iván Estévez Sabucedo · 3933
    Hai 3 anos · A Arnoia

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra