XUNTA DE GALIZA: QUEREMOS LEXENDAXE E DOBRAXE EN GALEGO DOS FILMES E SERIES QUE OFERTAN AS PLATAFORMAS DIXITAIS

61.555,37 € ao ano nun acordo a 3 anos por un total 184.666,13 €. Este é o custo que ten para os gobernos vasco e catalán que na actualidade as series e filmes que emite Movistar+ teñan lexendaxe nas súas linguas. Ademais o acordo permite que, após un ano de exclusividade de emisión de Movistar+, estes contidos poidan ser xestionados polos gobernos catalán e vasco.

E o galego? En 2018 Movistar+ manifestou nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística a súa vontade de incorporar o galego. Porén, non hai polo de agora nada que indique que o vaian facer mentres o goberno galego non se implique para dispormos de dobraxe e lexendado en galego nas plataformas de televisión dixital.

Pola contra, a Xunta exclúe a presenza do galego ao non participar de acordos que favorecerían a opción de galego nos lexendados de filmes e series e, ademais, reduce cada ano a execución do orzamento para a dobraxe e non permite que os filmes xa dobrados se atopen dispoñíbeis no mercado.

A Xunta de Galiza debe favorecer a oferta de galego, o dereito ao acceso a contidos audiovisuais en condicións semellantes a outras linguas oficiais e cumprir coa obriga sinalada no artigo 20.1 da Lei de Normalización Lingüística de 1983 de fomentar a produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

Por isto reclamamos:

  • Acordo da Xunta con Movistar+ para a lexendaxe dos filmes e series.
  • Acordos da Xunta coas principais plataformas dixitais para a incoporación de lexendaxe en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG.
  • Dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

1639 apoios para esta campaña.

  1. Belén González Somoza · 5667
    Hai 4 anos · Sanitaria · Vilagarcia de Arousa
  2. Manuel Simón Nóvoa · 5666
    Hai 4 anos
  3. monica vila ferreiros · 5665
    Hai 4 anos · fotografo · vilanova de arousa
  4. Santiago Cortegoso Calvar · 5664
    Hai 4 anos · Dramaturgo · Caldas de Reis
  5. María Liaño Español · 5663
    Hai 4 anos · Autónoma · A Coruña
  6. Gaspar Antonio González Somoza · 5662
    Hai 4 anos · Actor de Dobraxe · Vilagarcía de Arousa
  7. Xerardo Couto Lorenzo · 5661
    Hai 4 anos · Dobraxe · A Coruña
  8. Carolina Vázquez · 5660
    Hai 4 anos · Actriz · Cambre
  9. Xosé Antón López Rodríguez · 5659
    Hai 4 anos · Actor, Actor de dobraxe · A Coruña
  10. Nora Abad Pérez · 5658
    Hai 4 anos · Actriz de dobraxe · A Coruña
  11. Andrés Bellas Carballo · 5657
    Hai 4 anos · Actor de dobraxe · Sada
  12. Matías brea · 5656
    Hai 4 anos · Muros
  13. Sara Seco Rial · 5655
    Hai 4 anos · Politóloga · Valga
  14. Marcos Maceira Eiras · 5654
    Hai 4 anos · Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística /Profesor · Santiag de Compostela
  15. Iria Taibo · 5653
    Hai 4 anos · Tradutora · Oleiros

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra