XUNTA DE GALIZA: QUEREMOS LEXENDAXE E DOBRAXE EN GALEGO DOS FILMES E SERIES QUE OFERTAN AS PLATAFORMAS DIXITAIS

61.555,37 € ao ano nun acordo a 3 anos por un total 184.666,13 €. Este é o custo que ten para os gobernos vasco e catalán que na actualidade as series e filmes que emite Movistar+ teñan lexendaxe nas súas linguas. Ademais o acordo permite que, após un ano de exclusividade de emisión de Movistar+, estes contidos poidan ser xestionados polos gobernos catalán e vasco.

E o galego? En 2018 Movistar+ manifestou nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística a súa vontade de incorporar o galego. Porén, non hai polo de agora nada que indique que o vaian facer mentres o goberno galego non se implique para dispormos de dobraxe e lexendado en galego nas plataformas de televisión dixital.

Pola contra, a Xunta exclúe a presenza do galego ao non participar de acordos que favorecerían a opción de galego nos lexendados de filmes e series e, ademais, reduce cada ano a execución do orzamento para a dobraxe e non permite que os filmes xa dobrados se atopen dispoñíbeis no mercado.

A Xunta de Galiza debe favorecer a oferta de galego, o dereito ao acceso a contidos audiovisuais en condicións semellantes a outras linguas oficiais e cumprir coa obriga sinalada no artigo 20.1 da Lei de Normalización Lingüística de 1983 de fomentar a produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

Por isto reclamamos:

  • Acordo da Xunta con Movistar+ para a lexendaxe dos filmes e series.
  • Acordos da Xunta coas principais plataformas dixitais para a incoporación de lexendaxe en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG.
  • Dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

1639 apoios para esta campaña.

  1. Martiño Paz Pombar · 7329
    Hai 4 anos
  2. Lucía González Leobalde · 7328
    Hai 4 anos
  3. Oscar Lamas · 7327
    Hai 4 anos · Estudante · A Coruña
  4. Helena González · 7326
    Hai 4 anos · Carral
  5. Sara Martínez Casal · 7325
    Hai 4 anos · Estudiante · Moraña
  6. Cristian Trigo Buceta · 7324
    Hai 4 anos · Estudante · Moraña
  7. Ángeles Sánchez Curros · 7323
    Hai 4 anos · Carpinteira · CAMBRE
  8. Manuela Vázquez Sánchez · 7322
    Hai 4 anos · Actriz · Santiago de Compostela
  9. Águeda Paz Pombar · 7321
    Hai 4 anos · estudante · Cambre
  10. Raúl Ríos Pampín · 7317
    Hai 4 anos · Estudante · Ordes
  11. Margarida Maceira Figueira · 7315
    Hai 4 anos · Profesora · Corcubión
  12. Manoel Irixoa Cousillas · 7308
    Hai 4 anos · Xubilado · Donostia (Gipuzkoa-Euskal Herria)
  13. Francisco Xosé Candia Durán · 7307
    Hai 4 anos · Profesor · Lugo
  14. Xosé María Fernández Martínez · 7306
    Hai 4 anos · Docente Xubilado · Vilagarcía de Arousa
  15. Lara Santos Suárez · 7305
    Hai 4 anos · Tradutora-intérprete · Miño

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra