XUNTA DE GALIZA: QUEREMOS LEXENDAXE E DOBRAXE EN GALEGO DOS FILMES E SERIES QUE OFERTAN AS PLATAFORMAS DIXITAIS

61.555,37 € ao ano nun acordo a 3 anos por un total 184.666,13 €. Este é o custo que ten para os gobernos vasco e catalán que na actualidade as series e filmes que emite Movistar+ teñan lexendaxe nas súas linguas. Ademais o acordo permite que, após un ano de exclusividade de emisión de Movistar+, estes contidos poidan ser xestionados polos gobernos catalán e vasco.

E o galego? En 2018 Movistar+ manifestou nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística a súa vontade de incorporar o galego. Porén, non hai polo de agora nada que indique que o vaian facer mentres o goberno galego non se implique para dispormos de dobraxe e lexendado en galego nas plataformas de televisión dixital.

Pola contra, a Xunta exclúe a presenza do galego ao non participar de acordos que favorecerían a opción de galego nos lexendados de filmes e series e, ademais, reduce cada ano a execución do orzamento para a dobraxe e non permite que os filmes xa dobrados se atopen dispoñíbeis no mercado.

A Xunta de Galiza debe favorecer a oferta de galego, o dereito ao acceso a contidos audiovisuais en condicións semellantes a outras linguas oficiais e cumprir coa obriga sinalada no artigo 20.1 da Lei de Normalización Lingüística de 1983 de fomentar a produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

Por isto reclamamos:

  • Acordo da Xunta con Movistar+ para a lexendaxe dos filmes e series.
  • Acordos da Xunta coas principais plataformas dixitais para a incoporación de lexendaxe en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG.
  • Dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

1639 apoios para esta campaña.

  1. Mª Josefa Rodríguez Valcarce · 7380
    Hai 4 anos · Profesora · Ourense
  2. Francisco Luis Campos Vaz · 7378
    Hai 4 anos · Docente · Ourense
  3. Marcos melendez alonso · 7373
    Hai 4 anos · Autonomo · Ramirás
  4. Antonio Sanchez Andrade · 7371
    Hai 4 anos · Administrativo · Cospeito
  5. Sonia Cristina Dos Santos Pereira · 7370
    Hai 4 anos · autonoma · Vilalonga- Sanxenxo
  6. Marcos Suárez Varela · 7369
    Hai 4 anos · cociñeiro · Vilalonga- Sanxenxo
  7. Vanesa Otero Fernández · 7368
    Hai 4 anos · Docente de lingua galega · Abadín
  8. Laura Pérez Orosa · 7363
    Hai 4 anos · Vilalba
  9. AMPARO ALVAREZ GONZALEZ · 7350
    Hai 4 anos · ADMINISTRATIVA · A CORUÑA
  10. Mª Carmen Bello Flores · 7349
    Hai 4 anos · Ensino · Betanzos
  11. Xabier Posada Durán · 7340
    Hai 4 anos
  12. Nieves alvarez santamarina · 7339
    Hai 4 anos · Odontologa · Vigo
  13. Miguel Boullón Cassau · 7338
    Hai 4 anos
  14. Carlos Boullón Agrelo · 7337
    Hai 4 anos · Médico · A Pobra do Caramiñal
  15. José Luís Álvarez Salgado · 7330
    Hai 4 anos · Comercial · Vilalonga (Sanxenxo)

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra