XUNTA DE GALIZA: QUEREMOS LEXENDAXE E DOBRAXE EN GALEGO DOS FILMES E SERIES QUE OFERTAN AS PLATAFORMAS DIXITAIS

61.555,37 € ao ano nun acordo a 3 anos por un total 184.666,13 €. Este é o custo que ten para os gobernos vasco e catalán que na actualidade as series e filmes que emite Movistar+ teñan lexendaxe nas súas linguas. Ademais o acordo permite que, após un ano de exclusividade de emisión de Movistar+, estes contidos poidan ser xestionados polos gobernos catalán e vasco.

E o galego? En 2018 Movistar+ manifestou nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística a súa vontade de incorporar o galego. Porén, non hai polo de agora nada que indique que o vaian facer mentres o goberno galego non se implique para dispormos de dobraxe e lexendado en galego nas plataformas de televisión dixital.

Pola contra, a Xunta exclúe a presenza do galego ao non participar de acordos que favorecerían a opción de galego nos lexendados de filmes e series e, ademais, reduce cada ano a execución do orzamento para a dobraxe e non permite que os filmes xa dobrados se atopen dispoñíbeis no mercado.

A Xunta de Galiza debe favorecer a oferta de galego, o dereito ao acceso a contidos audiovisuais en condicións semellantes a outras linguas oficiais e cumprir coa obriga sinalada no artigo 20.1 da Lei de Normalización Lingüística de 1983 de fomentar a produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

Por isto reclamamos:

  • Acordo da Xunta con Movistar+ para a lexendaxe dos filmes e series.
  • Acordos da Xunta coas principais plataformas dixitais para a incoporación de lexendaxe en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG.
  • Dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

1639 apoios para esta campaña.

  1. Ariadna Iris Cid García · 5772
    Hai 4 anos · Vigo
  2. Irene · 5771
    Hai 4 anos · Directora de Escena · O Porriño
  3. Xavier Pazo Blanco · 5770
    Hai 4 anos · Vixiante Seguridade · Melide
  4. Yolanda Gil Villaverde · 5769
    Hai 4 anos
  5. Begoña de Almeida lemso · 5768
    Hai 4 anos · O porriño
  6. Martín Ansede García · 5767
    Hai 4 anos · A Coruña
  7. Luis Manuel Villar Vázquez · 5766
    Hai 4 anos · Auditoría · Ourense
  8. Tamara Pérez Permuy · 5765
    Hai 4 anos · Estudante · Santiago de Compostela
  9. Isabel caruncho prieto · 5764
    Hai 4 anos · Ferrol
  10. Ana Fraga Vila · 5763
    Hai 4 anos · Profesora xubilada · A Coruña
  11. Ana Belén Crespo Bastos · 5762
    Hai 4 anos · Profesora · O Porriño
  12. Xesús Domínguez · 5761
    Hai 4 anos · Protésico dental · Compostela
  13. Carolina Maria Silva Mendez · 5760
    Hai 4 anos · Profesora · A Coruña
  14. Alfonso Cabanas · 5759
    Hai 4 anos · Criminólogo · Meira-Lugo
  15. Lidia Iglesias Vaamonde · 5758
    Hai 4 anos · Músico · Touro

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra