XABARÍN XA!

Hai 3 anos que A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou a Iniciativa Xabarín reclamando contidos infantís e xuvenís em galego nas televisións públicas. Co apoio de 33000 sinaturas a Iniciativa debateuse no Parlamento galego que en maio de 2021 aprobou por unaninimidade o seguinte:

  1. Que a Corporación de Radio Televisión de Galicia aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade a través do reforzo e a promoción das catro canles dixitais Xabarín coas que conta a CRTVG. O sinal destas canles sería distribuído a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, adsl e tecnoloxía móbil, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como aplicacións actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega.
  2. Reclamar do Goberno de España que, dentro do marco das súas competencias, promova as medidas precisas para que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego, nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa aplicación.
  3. Instar o Goberno español a impulsar o cumprimento do contido dos artigos do Anteproxecto de lei xeral de comunicación audiovisual onde se recolle a pluralidade lingüística como principio básico, e que a nova lei recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  4. Así mesmo, o Parlamento insta o Goberno galego a chegar a acordos con outras administracións e empresas co fin de garantir a opción dobrada e lexendada a galego en todas as plataformas dixitais de televisión, así como a impulsar o avance das accións necesarias para a recepción mutua TVG-RTP en Galiza e Portugal, segundo o recollido na Carta Europea de Linguas Rexionais ou minoritarias, tendo en conta as súas condicionantes técnicas e económicas para o tecido produtivo e publicitario, e da simetría no alcance de audiencias.

Ademais as Cortes do Estado aprobaron en xuño de 2022 a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que na disposición adicional 5ª indica que o fornecedor do servizo público de comunicación audiovisual de ámbito estatal e os fornecedores do servizo de comunicación audiovisual de ámbito estatal garantirán nos seus servizos de comunicación audiovisual temáticos infantís, e nos seus catálogos de programas, a incorporación de contidos audiovisuais especialmente recomendados para o público infantil de até doce anos, dobrados nas linguas oficiais das comunidades Autónomas. Asimesmo, estes fornecedores ofrecerán contidos audiovisuais dirixidos ao público xeral, dobrados ou lexendados nas linguas oficiais das Comunidades Autónomas.

Neste momento non se está a cumprir nengún destes acordos parlamentares. Malia a súa maior responsabilidade as televisións públicas (TVG e TVE) cunha responsabilidade social maior, son as que máis incumpren.

A TVG continúa a limitar a programación á 2ª canle, sen que teñamos visto nestes tres anos ningún avance para a creación dunha canle temática nunha plataforma dixital própria, nin acordos para a inclusión nas operadoras de TV dispoñíbeis. TVE, pola súa banda, incumpre descaradamente e sen rubor a lexislación: desde a aprobación da Lei audiovisual emitiu 0 programas infantís ou xuvenís en versión orixinal, dobrada ou lexendada em galego.

Mentres se incumpren estes acordos e a lexislación,  a presenza do galego nas canles temáticas infantís e xuvenís da TDT e operadoras de televisión é dun 0,83% que converte aos servizos audiovisuais noutro espazo vetado para o noso idioma.

Reclamamos que se cumpran os acordos e a lexislación!

Queremos galego nos servizos audiovisuais!

7250 apoios para esta campaña.

  1. Sinatura cod57107
    Hai 6 meses
  2. José Luis Campaña Parada · 57106
    Hai 6 meses
  3. Sinatura cod57104
    Hai 6 meses
  4. Ana M. Abalo de Dios · 57103
    Hai 6 meses
  5. Sinatura cod57102
    Hai 6 meses
  6. Sinatura cod57100
    Hai 6 meses
  7. Sinatura cod57099
    Hai 6 meses
  8. Eduardo Fernández Regodesebes · 57098
    Hai 6 meses
  9. Aldara Vázquez Arias · 57097
    Hai 6 meses
  10. Marcos Ferradás García · 57095
    Hai 6 meses
  11. Sinatura cod57094
    Hai 6 meses
  12. Bruno Martínez Pita · 57093
    Hai 6 meses
  13. Andrea Chavarria Fernandez · 57092
    Hai 6 meses
  14. Lucas Rafael Castellano Carrera · 57090
    Hai 6 meses
  15. José Barcia Rodríguez · 57089
    Hai 6 meses

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra