App ABERTOS AO GALEGO

Unha App para terminais Android e Apple onde están sinalados os establecementos que contan co certificado Abertos ao galego xunto a aqueles dos que temos constancia do uso do galego. A App fica aberta a novas incorporacións, polo que se coñecer estabelecementos que puideren entrar só nolo ten que facer saber. Descárgaa aquí    

Unha App para terminais Android e Apple onde están sinalados os establecementos que contan co certificado Abertos ao galego xunto a aqueles dos que temos constancia do uso do galego. A App fica aberta a novas incorporacións, polo que se coñecer estabelecementos que puideren entrar só nolo ten que facer saber.

Descárgaa aquí

 

 

App A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Descargar para Android

Descargar para iOS

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, A Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar as usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

Moitas e moitos galegofalantes continúan a considerar normal a exclusión do seu idioma e iso é algo que queremos axudar a mudar porque, cando a poboación non é consciente dos seus dereitos, existe un défice democrático que cómpre corrixir. A idea de que hai dereitos lingüísticos en Galiza, tanto individuais como colectivos, non está asentada, canto máis nos territorios onde nin sequera teñen recoñecemento legal estes dereitos.

Coa Liña do Galego quérese afortalar o obxectivo de dar cobertura e amparo ás persoas ás que se lles impide desenvolver a súa vida na lingua propia do país. Cando unha persoa chama ou escribe, ábrese un expediente na base de datos ao que se lle asigna unha numeración para lle poder facer o seguimento. Con todas as queixas, consultas e parabéns realizarase un informe anual, que servirá tanto de diagnose da situación como para propor medidas de mellora para o ano seguinte.

Queixas

  • Unha persoa traballadora dunha administración pública negouse a me atender en galego.
  • Os sinais da estrada exclúen a lingua propia de Galiza.
  • Estiven máis de dúas horas ao teléfono para conseguir que a miña compañía telefónica me atendese na miña lingua.
  • A miña crianza non recibe as aulas en galego.
  • Unha entidade emprega toponimia deturpada na súa documentación.

Se viviches algunha destas situacións ou outras onde se vulneraron os teus dereitos lingüísticos, denúnciao! Na Liña do Galego tramitamos as queixas da cidadanía ante as entidades afectadas, con total garantía de confidencialidade para os datos da persoa que denuncia.

Non admitimos denuncias anónimas, polo que precisamos que nos facilites os teus datos: nome e apelidos, teléfono móbil e/ou correo electrónico e enderezo postal (rúa, número, andar, código postal e localidade); a entidade que conculcou os teus dereitos e a localidade (ou enderezo web) onde ocorreron os feitos, e unha explicación o máis detallada posíbel dos feitos acontecidos.

Consultas

  • Teño dereito a que unha persoa funcionaria da Administración do Estado me atenda en galego?
  • Como podo galeguizar o meu apelido?
  • Podo falar galego no meu traballo?
  • A que administración me teño que dirixir para pór unha queixa pola vulneración dos meus dereitos lingüísticos?
  • Existen modelos de contratos de alugueiro en galego?

Dirixe todas as túas dúbidas sobre os dereitos lingüísticos da comunidade galegofalante á Liña do Galego. Para isto, indícanos o teu nome e apelidos, correo electrónico, teléfono, o teu enderezo postal e o motivo da túa consulta.

 

 

 

A Liña do Galego conta cunha axuda da Deputación da Coruña

 

O Goberno do Estado rexeita de novo as solicitudes de dereitos lingüísticos na Carta dos Dereitos Dixitais

Compostela, 17 de xullo de 2021- O pasado ano, o Goberno do Estado comezou a preparar a Carta dos Dereitos Dixitais e a finais de ano abriu a posibilidade de realizar achegas, que foron presentadas por diferentes axentes normalizadores. Ás últimas foron sumouse A Mesa pola Normalización Lingüística. De momento segue sen haber avances ao […]

Compostela, 17 de xullo de 2021- O pasado ano, o Goberno do Estado comezou a preparar a Carta dos Dereitos Dixitais e a finais de ano abriu a posibilidade de realizar achegas, que foron presentadas por diferentes axentes normalizadores. Ás últimas foron sumouse A Mesa pola Normalización Lingüística.

De momento segue sen haber avances ao respecto da que podería ser unha gran oportunidade para o Goberno do Estado para garantir a igualdade que adoita reivindicar e cre que está ligada á actitude que mostrou nos últimos meses cara aos galegofalantes. A lexislación que non permiten nin ten en conta a garantía dos dereitos lingüísticos dos galego e galegas vai en contra da igualdade.

Hai que ter en conta unha resolución do Parlamento Europeo do 11 de setembro de 2018 sobre a igualdade lingüística na era dixital, e que tamén debe prestar atención a isto. De feito, os dereitos dixitais tamén son dereitos lingüísticos. As achegas pedían que se tivesen en conta criterios lingüísticos nos seguintes ámbitos: o dereito á igualdade e a non discriminación na contorna dixital, o dereito dos cidadáns e cidadás para participar a través dos medios dixitais; o dereito á educación dixital; dereitos dixitais dos cidadáns e cidadás nas súas relacións coas administracións públicas; o dereito ao desenvolvemento tecnolóxico e unha contorna dixital sostible; o dereito á protección da saúde na contorna dixital; e finalmente en intelixencia artificial.

  • (2 MB)

Arrinca a segunda fase da “Iniciativa Xabarín” para garantir a presenza do equitativa do galego na programación audiovisual do Estado español

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a campaña Queremos galego no audiovisual que pide que se garanta a mesma porcentaxe mínima de contidos na nosa lingua que en castelán, tanto en TVE como nas plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video Compostela, 15 de xullo de 2021.- Representantes da Mesa pola Normalización Lingüística […]

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a campaña Queremos galego no audiovisual que pide que se garanta a mesma porcentaxe mínima de contidos na nosa lingua que en castelán, tanto en TVE como nas plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video

Compostela, 15 de xullo de 2021.- Representantes da Mesa pola Normalización Lingüística e de entidades culturais e educativas presentaron esta mañá en Compostela a campaña Queremos galego no audiovisual, coa que arrinca a segunda fase da “Iniciativa Xabarín” para conseguir que se garanta unha presenza equitativa do galego no proxecto de lei xeral de comunicación audiovisual que está a se elaborado no Estado e que se presentará nos próximos meses.

A Iniciativa Xabarín, refrendada con máis de 33.000 sinaturas e co acordo unánime do Parlamento galego, exixía -ademais de aumentar a programación infantil de calidade nas canles da CRTVG- garantir o acceso a todos os contidos audiovisuais en liña con opción dobrada e lexendada, así como informacións e audiodescricións en galego. Neste sentido, ademais de promover os acordos do parlamento galego coas produtoras e distribuidoras de contidos, a Inicativa Xabarín instaba a que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual “recoñecese a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe, e audiodescricións nas canles e plataformas lineais ou baixo demanda”.

A Mesa pola Normalización Lingüística enviou o pasado 10 de xullo as alegacións correspondentes á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual á Secretaría de Estado de Telecomunicacións solicitando o recoñecemento da pluralidade lingüística como principio básico; o estabelecemento dunha porcentaxe idéntica ao castelán nos contidos mínimos en galego e nas outras linguas cooficiais tanto para televisión como plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video e mais no deber de financiamento antecipado a obra audiovisual europea; a incorporación do galego e das outras linguas cooficiais nos subtítulos, dobraxes e audiodescripcións, nos mesmos contidos que o castelán; a consideración da lingua galega como contido de interese xeral en audio ou texto escrito (dobraxe, subtítulos, audidescricións); que webs e outras interfaces de comunicación dixital coa persoa usuaria ou cliente incorporen as linguas oficiais; e asegurar o cumprimento do artigo 42 da Iniciativa Xabarín, que permita a reciprocidade con Portugal a través do estabelecimento de dúas canles múltiplex para Galiza.

En relación á demanda de dobraxe e lexedanxe por parte de TVE, tamén incluída na Iniciativa Xabarín, a Mesa pola Normalización dirixiuse en tres ocasións tanto á anterior directora Xeral de RTVE, Rosa Mª Mateo, como ao actual, José Manuel Pérez Tornero, para informalos do desenvolvemento da campaña da iniciativa Xabarín e para solicitar un encontro onde concretar a proposta da Mesa e do Parlamento galego, aproveitando ademais que se fan 50 anos da delegación de TVE en Galiza. Nunha actitude absolutamente descortés e de falta de respecto tanto á maior organización non gubernamental de defensa do galego como ás 33.000 persoas asinantes da iniciativa, a dirección estatal de TVE non deu nengunha resposta.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recorda que dos 25872 títulos entre series e filmes dispoñíbeis nas principais plataformas de televisión, practicamente todos contan con versión orixinal ou dobrada ao español e lexendado en español ou inglés pero só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou lexendada á nosa lingua. “Pode resistir un idioma nestas condicións?”, pregunta Maceira. “Comezamos a segunda fase da Iniciativa Xabarín para levantar de vez o bloqueo á presenza do galego no audiovisual”, indica, “como país non podemos perder esta oportunidade que, ademais, tería un beneficio directo na economía galega, nomeadamente no sector cultural”.

A Mesa denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais de Turismo Rías Baixas

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais do departamento de turismo da Deputación de Pontevedra (Turismo Rías Baixas), recordando que tanto o Estatuto de autonomía de Galiza como a Lei de normalización lingüística e a Lei de administración local de Galiza protexen o uso da nosa lingua por […]

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais do departamento de turismo da Deputación de Pontevedra (Turismo Rías Baixas), recordando que tanto o Estatuto de autonomía de Galiza como a Lei de normalización lingüística e a Lei de administración local de Galiza protexen o uso da nosa lingua por parte das administracións públicas do país.

A entidade de defensa da lingua considera especialmente grave que, perante a queixa presentada a través da Liña do Galego, a entidade provincial considere xustificada a eliminación da lingua propia “ao dirixirse a un público potencial de fóra da comunidade”. “A Deputación de Pontevedra considera innecesaria ou mesmo dañina a presenza da nosa lingua nas comunicacións dirixidas potencialmente a fóra do país”, lamenta a directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, “e entende que o castelán é a única lingua válida e necesaria de por si para achegar a nosa terra e a nosa cultura a calquera persoa de calquera outro punto do planeta”.

Na súa resposta á queixa presentada pola Mesa, a Deputación de Pontevedra distingue entre a estratexia de comunicación aplicada nas redes sociais da entidade provincial a aplicada nas redes sociais de Turismo Rías Baixas. “A actividade pública, cultural e informativa da Deputación de Pontevedra”, asegura a deputada Ana Laura Iglesias, “ten como destinatarios preferentes a veciñanza da provincia de Pontevedra e os concellos aos que prestamos servizos”. “Pola contra”, apunta, “as redes sociais de Turismo Rías Baixas diríxense a un público moito máis heteroxéneo, composto polo mercado interior galego, público nacional e tamén persoas estranxeiras”.

Por este motivo, a Deputación de Pontevedra “empregar o castelán de forma maioritaria, tendo en conta que o obxectivo da comunicación externa de Turismo Rías Baixas é a captación de visitas de fóra da nosa comunidade, entre as que Madrid, Valencia, Barcelona, o norte de España e o norte de Portugal eran os mercados prioritarios aos que se dirixían tradicionalmente as nosas campañas turísticas”.

Neste sentido, perante a insistencia da Mesa a Deputación de Pontevedra accede a aceptar “a convivencia do galego e o castelán” nalgunhas das redes sociais de Turismo Rías Baixas, Facebook e Twitter, pero insiste en manter en Instagram “a exclusiva o castelán, como decisión estratéxica máis conveniente para os intereses económicos do sector turístico pontevedrés, posto que o alcance e a difusión desta rede social son moito máis amplos e variados que en Facebook e Twitter e o público procede maioritariamente do exterior de Galicia”. A directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, recorda que esta posición de subordinación da lingua propia por parte dunha administración pública é inadmisible e contravén as leis.

A Mesa insta á SXPL a aclarar os criterios de avaliación das probas CELGA

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de trasladarlle por carta ao Secretario Xeral de Política Lingüística que, segundo as queixas recibidas a través da Liña do Galego e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, o profesorado que avalía as probas CELGA 4 foi informado de que se decidiu non ter en conta na avaliación das mesmas […]

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de trasladarlle por carta ao Secretario Xeral de Política Lingüística que, segundo as queixas recibidas a través da Liña do Galego e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, o profesorado que avalía as probas CELGA 4 foi informado de que se decidiu non ter en conta na avaliación das mesmas a fonética nin a fonoloxía.

A Directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, advirte que isto “é contrario ao estabelecido na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA)”, xa que entre os criterios de avaliación da proba oral recolle a pronuncia e a entoación.

A Mesa pola Normalización Lingüística solicita, por tanto, que dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística se aclare por escrito antes do 29 de maio se houbo algunha modificación oficial nos criterios de avaliación do CELGA 4, para evitar dúbidas aos e ás avaliadoras.

  • (66 kB)
  • (2 MB)

Informe da Mesa pola Normalización Lingüística ao Informe sobre as recomendacións formuladas polo comité de ministros do Consello de Europa

Alén da explicación que o Estado dá no seu informe sobre o nível de cumprimento de cada unha das recomendacións temos que indicar que fóra de accións puntuais non houbo nengunha acción dirixida a cumprilas. Así llo trasladou A Mesa pola Normalización Lingüística ao Informe sobre as recomendacións de acción inmediata formuladas polo comité de […]

Alén da explicación que o Estado dá no seu informe sobre o nível de cumprimento de cada unha das recomendacións temos que indicar que fóra de accións puntuais non houbo nengunha acción dirixida a cumprilas. Así llo trasladou A Mesa pola Normalización Lingüística ao Informe sobre as recomendacións de acción inmediata formuladas polo comité de ministros do Consello de Europa.

Concretamente en relación á xustiza, á Administración Xeral do Estado na Comunidade autó- noma de Galiza, e no ensino, continúan a ter plena actualidade e validez os informes do Comité de Expertos e as recomendacións do Comité de Ministros do Consello de Europa adoptadas o 20 de xaneiro de 2016 e o 11 de decembro de 2019, porque non houbo nengún cambio nen iniciativa das autoridades para as atender.

Temos que sinalar tamén a falta de recoñecemento legal e por tanto maior desamparo res- pecto á Carta que sofren as persoas falantes de galego nos territorios historicamente de lingua galega pertencentes ás Comunidades autónomas de Asturias, Castela e León e Extremadura.

Nengunhas destas recomendacións foi atendida mesmo a pesar do que temos indicado desde a sociedade civil. Concretamente no ámbito do ensino diferentes entidades sociais represen- tativas do profesorado, nais e pais e estudantes, temos presentada unha proposta que, dentro do marco xurídico, pode contribuir significamente ao cumprimento das Carta Europea e das recomendacións do Consello de Europa de 2016 e 2019, sen que polo de agora teñamos recibido resposta da Xunta de Galiza. Esta proposta conta xa con máis polas entidades sociais e educa- tivas que o Decreto 79/2010 aprobado unilateralmente e sen acordo.

A praza do Obradoiro berra “Queremos vivir en galego”

Unha multitude de persoas que reservaran o seu sitio con antelación e que se repartiron polo espazo observando todas as medidas de seguridade pediron este 17M a todos os poderes públicos “un compromiso real e efectivo coa normalización da lingua galega”, para “avanzarmos na xustiza e na igualdade” Compostela, 17 de maio de 2021.- A […]

Unha multitude de persoas que reservaran o seu sitio con antelación e que se repartiron polo espazo observando todas as medidas de seguridade pediron este 17M a todos os poderes públicos “un compromiso real e efectivo coa normalización da lingua galega”, para “avanzarmos na xustiza e na igualdade”

Compostela, 17 de maio de 2021.- A praza do Obradoiro encheuse esta mañá de persoas chegadas de toda Galicia que, despois de reservar o seu sitio e de distribuírse observando todas as medidas de seguridade que marca a Covid19, berraron “Queremos vivir en galego” e pediron a todos os poderes públicos “un compromiso real e efectivo coa normalización da lingua galega”, para “avanzarmos na xustiza e na igualdade”.

As persoas que se manifestaron este Día das Letras en Compostela quefenderon “un futuro próximo onde a galega sexa a lingua empregada por meniños e meniñas, por vellos e vellas, por todas as persoas, sexa cal for a súa ideoloxía, condición social, económica ou calquera outra, sen ningún impedimento para o facer por ser a lingua naturalmente dispoñíbel en todo”.

“O dereito a vivir na lingua propia é un dereito humano”, recorda o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. “Niso coinciden a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Pacto Internacional polos Dereitos Civís e Políticos, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos ou a Carta Europea das Linguas e niso insistiu a continua mobilización da sociedade galega apoiando as accións da Mesa e conseguindo que ONU e Consello de Europa lembrasen a obriga da Xunta e do Estado de  cumpriren estes acordos internacionais”.

Porén, 40 anos de autonomía non garantiron a posibilidade de emprego da lingua propia con total liberdade, sen restricións, con presenza absoluta na administración pública, na empresa, na vida social ou cultural. Sen coaccións que obriguen a optar por outra lingua renunciando á propia en ámbitos tan trascendentais como as plataformas audiovisuais, o ensino, o servizo de saúde ou as interaccións coa administración.

“Somos a única nación do Estado na que a lingua está sostida exclusivamente na forza da sociedade, sen goberno e soporte institucional autonómico que acompañe”, denuncia Maceira, “é a sociedade quen está a atenuar, en solitario, os efectos da desigualdade e de falta de liberdade plena para vivir en galego”.

Co exemplo recente da aprobación unánime da Iniciativa Xabarín polo Parlamento galego, a praza do Obradoiro recorda hoxe, como cada 17 de maio, que a pesar de todas as limitacións a lingua galega sigue viva porque hai miles de persoas actuando para repola, reparala e retornala á normalidade. Mentres unha parte significativa da sociedade galega sexa consciente e traslade esa consciencia a unha práctica reparadora, seguirá existindo o galego e haberá posibilidade de reverter a súa situación e garantir o seu futuro.

“Ese dialecto no lo entiendo”, tramitamos 219 queixas por vulneracións de dereitos lingüísticos da cidadanía galega no 2020

Máis da metade das reclamacións refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas ao Servizo Galego de Saúde, especialmente incrementada pola situación de emerxencia sanitaria vivida durante o ano 2020, e á propia Xunta de Galiza O informe anual da Liña do Galego -que conta co apoio da Deputación da Coruña- recolle só unha […]

Máis da metade das reclamacións refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas ao Servizo Galego de Saúde, especialmente incrementada pola situación de emerxencia sanitaria vivida durante o ano 2020, e á propia Xunta de Galiza

O informe anual da Liña do Galego -que conta co apoio da Deputación da Coruña- recolle só unha mínima parte do que acontece a diario, pero describe a importancia que lle dá a cidadanía galega a ter contidos audiovisuais na súa lingua como tamén reflictiu a aprobación unánime da Iniciativa Xabarín esta mesma semana

Compostela, 14 de maio de 2021.- Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística; Celia Armas, Secretaria xeral da Mesa; e María Muíño, deputada de Lingua da Deputación da Coruña, presentaron esta mañá na Coruña o informe anual da Liña do Galego correspondente ao 2020. Segundo recolle dito informe, ao longo do pasado ano, a entidade de defensa da lingua tramitou 219 queixas, 20 consultas e 111 parabéns a través das chamadas, correos, e mensaxes a través da App recibidos na Liña do Galego.

Destaca a vulneración dos dereitos lingüísticos por parte do SERGAS, especialmente incrementada pola situación de emerxencia sanitaria vivida durante o ano 2020. Citacións para probas PCR só en castelán, exclusión do galego na liña de atención telefónica habilitada para a COVID-19, comunicacións en castelán a pesar de ter habilitadas as comunicación en galego ou emilinar o galego dos protocolos e formación para os profesionais sanitarios son algunhas das queixas máis recorridas que recibiu o Sistema Galego de Saúde por parte das persoas usuarias da Liña do Galego.

Os protocolos internacionais de garantía do dereito á saúde indican que ésta debe ofrecerse na lingua da persoa usuaria, mesmo no caso de que esa lingua teña escasa ou nula presenza no noso terriotorio. Porén, á vista do informe presentado esta mañá pola Mesa a atención sanitaria segue sen estar dispoñíbel en galego, causando ademais importantes trastornos a quen o solicitar.

Comunicacións, informacións, sinaléctica, atención ao público ou queixas relacionadas con servizos públicos que ofertan empresas privadas en nome da administración autonómica e que exclúen o uso do galego, como servizos bancarios, de comedor ou obras son algúns dos casos máis abondosos recollidos con respecto á Xunta de Galiza, que sigue a ser a administración pública que rexistra o maior número de queixas. Tamén son especialmente graves as vulneracións da administración do Estado, que chega a non recoñecer a existencia de máis linguas que o español e imposibilitar así que teses doutorais escritas en galego poidan optar a premios de excelencia con remuneración económica.

“Cómpre visibilizar a realidade”, recordou Marcos Maceira, “denunciar quen nos nega a posibilidade de utilizar a nosa lingua no noso propio país, como primeiro paso para reclamar que o dereito a utilizarmos o galego sexa plenamente respectado dándonos sempre esa opción”. “Só procuramos que o galego estea tan dipoñíbel, sexa tan audíbel en tan visíbel en Galiza como é o castelán en Madrid”, asegurou, “nin máis nin menos”. “A tan proclamada igualdade das linguas non é real, se a posibilidade de uso destas linguas non ten iguais dereitos e iguais deberes” rematou, “a vulneración de dereitos lingüísticos é a vulneración dun dereito fundamental e aínda en maior grao se lle engadimos a coacción, e polo tanto degrada o desenvolvemento dunha sociedade democrática con consecuencias tamén na vida económica”.

“Ante a ausencia de accións específicas da administración pública para que o galego estea presente”, engadiu Celia Armas, “cómpre unha maior activación da sociedade civil na reposición e normalización da lingua galega: en primeiro lugar, esixindo dos diferentes gobernos que cumpran cos seus compromisos cara ao galego, actuando directamente para combater casos como os sinalados; e, en segundo lugar, dirixírmonos directamente por diferentes vías (redes sociais, correo electrónico, postal, teléfono) ás empresas para que muden a actitude e facer ver que somos moitas as persoas que reclamamos visibilidade e espazos de uso para o galego”.

A Secretaria xeral da Mesa recordou que o traballo que desenvolve a Liña do Galego de tratamento, asesoramento, difusión e atención das queixas ten conseguido que se emendaran algúns comportamentos e políticas lingüísticas de empresas e administracións públicas, como a App Radar Covid, os parquímetros da zona ORA do Concello de Vigo, a aprobación da ordenanza de normalización lingüística do Concello da Coruña ou os informes emitidos polo Consello de Europa.

A deputada de Normalización Lingüística, María Muíño, parabenizou á Mesa pola iniciativa Xabarín recentemente aprobada no Parlamento galego como un paso adiante nun camiño en que “queda moito por facer, como evidencia datos como que o 35% do alumnado non ten competencias en galego e 70% fala castelán, o que é indicativo da política que se está desenvolvendo de imposición do castelán en Galiza”.

Referiuse tamén ao informe do consello de Europa que “volve incidir no incumprimento dos compromisos adquiridos tanto polo goberno galego como polo goberno do estado para garantir o uso tanto no ámbito da xustiza como no do ensino, onde observa barreiras en todos os niveis educativos como indica que só un 23% dos menores de 15 anos son quen de expresarse na nosa lingua”.

Neste sentido, María Muíño destacou o compromiso da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña co proceso de normalización con varias liñas de traballo, desde programas de normalización, formación especializada para equipas dos concellos ou, de maneira especial, co financiamento da contratación de profesionais nos municipios da provincia ao que destina 500.000 € que se invisten en 35 contratacións. Da mesma maneira, pediulle á Xunta  “responsabilidade, compromiso e aceptación da realidade para reverter a situación”.

O Parlamento galego aproba por unanimidade a Iniciativa Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística con máis de 33000 sinaturas

Nas vésperas do 17 de Maio, o Parlamento galego dá un paso fundamental para garantirmos o acceso a contidos audiovisuais en galego para todos os públicos e, nomeadamente, para o infantil e xuvenil, ao aprobar por unanimidade a Iniciativa popular Xabarín, impulsada pola Mesa e respaldada por máis de 33.000 persoas. O enorme apoio popular […]

Nas vésperas do 17 de Maio, o Parlamento galego dá un paso fundamental para garantirmos o acceso a contidos audiovisuais en galego para todos os públicos e, nomeadamente, para o infantil e xuvenil, ao aprobar por unanimidade a Iniciativa popular Xabarín, impulsada pola Mesa e respaldada por máis de 33.000 persoas. O enorme apoio popular recibido pola iniciativa demostrou que existe unha grande demanda dunha canle temática para a mocidade e a infancia na TVG, así como de contidos en galego nas plataformas dixitais, onde só se poden ver en galego 25 series e filmes dos máis de 25.000 títulos dispoñíbeis, e na propia Televisión pública estatal, que só emite na nosa lingua 39 minutos de 120 horas.

O acordo aprobado hoxe por unanimidade dos partidos políticos presentes na cámara galega contempla a creación dunha canle Xabarín da TVG que emitirá para fibra óptica, adsl, satélite e telefonía móbil, mais tamén se reclama do goberno español accións para garantir tanto en TVE como nas plataformas, a dobraxe, lexendaxe e audiodescricións en galego así como financiamento para as producións na nosa lingua dentro da Lei Xeral do Audiovisual que será debatida nos próximos meses. Isto convirte o Parlamento galego no primeiro que se manifesta sobre esta cuestión. Entrementres, a iniciativa insta a chegar a acordos con operadoras e plataformas para a dobraxe e lexendaxe das súas emisións así como a posibilidade de reciprocidade na visualización con Portugal.

A Mesa valora a aprobación como un éxito colectivo da sociedade galega. Centos de persoas voluntarias da Mesa pola Normalización Lingüística, centos de estabelecementos nas difíceis condicións impostas pola pandemia e, especialmente, as miles de asinantes, lograron o primeiro grande acordo arredor da lingua galega dos últimos 12 anos. Todos os avances para o noso idioma viñeron acompañados de mobilización e activismo.

A unanimidade parlamentar foi resultado desta mobilización e demostra que os avances a favor do galego son posíbeis sempre que houber vontade. Se esta vontade de eliminar as exclusión ao galego, de restaurar todos os espazos para o seu uso e iniciar un verdadeiro proceso de normalización se estender a todos os ámbitos, será posíbel inverter a tendencia negativa do idioma de Galiza. A Mesa seguirá centrando todos os seus esforzos en conseguilo.

Este 17 de maio será boa ocasión de celebrar este éxito colectivo e mover todo o preciso para que veñan moitos máis para Galiza e o galego.

A Mesa chama a mudar a situación do galego nos concellos

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar un novo caso de desleixo por parte das Administracións cara o fomento da lingua galega, concretamente no Concello de Lugo. Un caso que non é aillado e que se produce en moitos dos concellos do noso país. Esta denuncia puido ser tramitada grazas á unha queixa que […]

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar un novo caso de desleixo por parte das Administracións cara o fomento da lingua galega, concretamente no Concello de Lugo. Un caso que non é aillado e que se produce en moitos dos concellos do noso país. Esta denuncia puido ser tramitada grazas á unha queixa que tramitou un usuario a través da app da Liña do Galego, servizo gratuito que ofrece A Mesa para consultas, queixas e parabéns relacionadas cos dereitos lingüísticos.

Trátase dun mural coa seguinte frase: ‘Quienes pisan fuerte dejan huella’ situado nun espazo público destinado ao deporte. “Precisamente nun ámbito habitual para a mocidade, como é o deportivo, un sector no que hai que incidir para súa normalización e que a rapazada poda medrar na súa lingua” salientan dende A Mesa. Un traballo fundamental que teñen as Administracións locais ao ser as institucións máis próximas á cidadanía e as que mellor coñecen a realiadade social dos seus municipios.

Por esta razón, é máis necesario que nunca que se manteñan as mobilización sociais en defensa da lingua galega. A Mesa anima a participar na concentración de Queremos Galego! que se celebrará o vindeiro 17 de maio ás 11:30h na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Como haberá capacidade limitada é necesario inscribirse na web da plataforma.

A dobraxe galega coa Iniciativa Xabarín

A Mesa pola Normalización Lingüística mostra o seu agradecemento ao sector da dobraxe polo vídeo de apoio á Iniciativa Xabarín, fundamental para o sector. Especial agradecemento a Antón Rubal, Xulia Rigueiro, Luís Iglesias, Nora Abad, Monti Castiñeiras, Tere Santamaría e Tacho González por poren a súa voz e cara nun vídeo no que se reivindica […]

A Mesa pola Normalización Lingüística mostra o seu agradecemento ao sector da dobraxe polo vídeo de apoio á Iniciativa Xabarín, fundamental para o sector. Especial agradecemento a Antón Rubal, Xulia Rigueiro, Luís Iglesias, Nora Abad, Monti Castiñeiras, Tere Santamaría e Tacho González por poren a súa voz e cara nun vídeo no que se reivindica poder ver ficción internacional en galego e que os de fóra tamén podan ver ficción galega en galego e nas súas linguas.

Os e as profesionais mostran o seu apoio á Iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa e que reuniu máis de 33.000 sinaturas á ILP para instar o Goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”.

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis