Xornada Medrar en galego. Allariz, 25 de febreiro

Xornada Medrar en galego. Allariz, 25 de febreiro

Allariz acollerá o próximo 25 de febreiro a xornada Medrar en galego, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas. O programa de actividades desenvolverase ao longo de todo o día e incluirá obradoiros onde partillar experiencias de éxito […]

Xornada Medrar en galego. Allariz, 25 de febreiro Ler máis

CONGRESO / Manifesto «Queremos Galego tamén no Congreso»

Ante a presentación o martes 19 de setembro de 2023 da reforma do Regulamento do Congreso mediante a cal se permitirá que se empreguen todas as linguas que teñen a condición de oficiais no Estado español. Henrique Alvarellos. Presidente da Asociación Galega de Editoras.Carlos Amoedo. Presidente de Praza Pública.Xosé Luis Armesto Barbeito. Reitor UDC (2012-2016).José […]

CONGRESO / Manifesto «Queremos Galego tamén no Congreso» Ler máis

UNIÓN EUROPEA / A Mesa exixe ao ministro Albares que non pospoña a oficialidade do galego na UE

A Mesa pola Normalización Lingüística mostra o seu rexeitamento ante as declaracións do ministro Albares a respecto de que “aínda non é o momento” para que a lingua galega sexa oficial na Unión Europea. A secretaria xeral da Mesa, Celia Armas, salientou que “a razón pola que a nosa lingua ten que estar en Europa, […]

UNIÓN EUROPEA / A Mesa exixe ao ministro Albares que non pospoña a oficialidade do galego na UE Ler máis

Unión Europea / A Mesa pide ao Consello da UE que vote a favor da oficialidade do galego na Unión Europea

A vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Elsa Quintas, participou hoxe no Parlamento Europeo nunha rolda de prensa na que a Rede Europea de Igualdade Lingüística (ELEN) pediu aos Estados membros da Unión Europea que voten a favor do recoñecemento pleno da oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro na Unión Europea. Na véspera da votación […]

Unión Europea / A Mesa pide ao Consello da UE que vote a favor da oficialidade do galego na Unión Europea Ler máis

CONGRESO DOS DEPUTADOS / A Mesa valora “moi positivamente” o uso de linguas diferentes do castelán no Congreso

A Mesa pola Normalización Lingüística valorou esta mañá “moi positivamente” que “na lexislatura que comeza se dean pasos firmes para a finalización dunha anomalía democrática como é a imposibilidade de uso de linguas diferentes do castelán”, en palabras do presidente da entidade en defensa do galego, Marcos Maceira. Maceira fixo estas declaracións despois de reunirse […]

CONGRESO DOS DEPUTADOS / A Mesa valora “moi positivamente” o uso de linguas diferentes do castelán no Congreso Ler máis

A Mesa espera que o uso do galego nas institucións da UE e no Congreso español sexa un primeiro paso para erradicar todos os límites no seu uso

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2023.- A Mesa pola Normalización Lingüística espera que o uso do galego nas institucións da Unión Europea e no Congreso español sexa só un primeiro paso que nos achegue ao cumprimento das indicacións do Consello de Europa sobre as linguas propias na xustiza, administración ou ensino, ao aumento […]

A Mesa espera que o uso do galego nas institucións da UE e no Congreso español sexa un primeiro paso para erradicar todos os límites no seu uso Ler máis

EVENTO / Mesa redonda: A loita polas linguas no Estado español: unha necesidade dos pobos

Convidámosvos a acudir á mesa redonda que terá o vindeiro 25 de xullo ás 19:25h no Festigal para falar da situación actual das linguas do Estado e das accións que se están a tomar para avanzar na súa normalización. Participan na mesa redonda: Modera: Elsa Quintas. Vicepresidenta da Mesa. Directora do Observatorio de dereitos linguísticos.

EVENTO / Mesa redonda: A loita polas linguas no Estado español: unha necesidade dos pobos Ler máis

XVI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua no Lecer.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participará a quinta feira, 13 de xullo ás 9h00, no XVI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua no Lecer que organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte, o Concello de Carballo […]

XVI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua no Lecer. Ler máis

TOPONIMIA / O pobo galego defende a súa toponimia

A Mesa recibe en 48h máis de 8000 sinaturas de apoio ao manifesto en defensa da toponimia oficial que publicou na súa páxina web O pobo galego defendeu estes últimos días a toponimia propia diante dunha campaña de deturpación dos nomes de Sanxenxo, Ourense e A Coruña. A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha concentración no […]

TOPONIMIA / O pobo galego defende a súa toponimia Ler máis

Os nosos lugares, na nosa lingua

De novo veñen de fóra dicirnos como temos que falar e nomear as nosas cidades, vilas, parroquias e lugares e que non é válida a forma lexítima e auténtica que o pobo galego deu a todos os espazos do seu territorio, como parte indisociábel da súa historia, da súa cultura e da súa lingua propia. […]

Os nosos lugares, na nosa lingua Apoiar a campaña

EVENTO / 40 anos da Lei de Normalización Lingüística

O 15 de xuño cúmprense 40 anos da aprobación por unanimidade da Lei de Normalización Lingüística de Galiza, unha lei destruída polo Tribunal Constitucional e aplicada de forma moi deficiente pola maioría dos gobernos da Xunta. O venres 16 de xuño a Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto […]

EVENTO / 40 anos da Lei de Normalización Lingüística Ler máis

Queremos Galego enche as rúas de 9 cidades e vilas

Aproveitando a proximidade das eleccións municipais, a plataforma cidadá Queremos Galego, integrada por máis de 500 entidades, tomou as rúas de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Monforte e Foz para pedirlles ás autoridades municipais unha vida “En galego, aquí e agora“. En Compostela, o voceiro nacional de Queremos Galego, Marcos […]

Queremos Galego enche as rúas de 9 cidades e vilas Ler máis

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra