A Mesa pola Normalización Lingüística

29 de maio: A Mesa participa nun cinefórum no Museo Provincial de Lugo sobre a situación do noso idioma

O vicepresidente da Mesa, Carlos Outeiro, participa no acto, organizado por ADEGA, en que se proxectarán A memoria da lingua e A lingua galega, reflexións na etapa Feijoo.

ADEGA está a realizar un ciclo documental sobre diversos temas, dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” e, dentro destas, o proxecto chamado “Cultura e territorio”.

 

Dentro deste ciclo, a última cuarta feira de cada mes proxectan dous documentarios sobre un tema e realizan un pequeno coloquio despois coas persoas asistentes para falaren sobre o visto. O primeiro día o tema será a lingua. Así, o vindeiro día 29 de maio, no refeitorio do Museo Provincial de Lugo, ás 20 h, proxectaranse A memoria da lingua, das Candongas do Quirombo, e A lingua galega, reflexións na etapa Feijoo, de Xosé Bocixa.

 

O vicepresidente da Mesa, Carlos Outeiro, participará no coloquio posterior xunto con Raquel das Candongas e Xosé Bocixa.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra