4º Convivio da Cultura Galega

O próximo sábado 8 de xullo, celebrarase o 4º Convivio da Cultura Galega. Unha xornada de encontro, de convivencia e de festa arredor da figura de  Manuel María nun dos espazos físicos máis significativos da súa terra natal, a carballeira de Santa Isabel.

A xornada dará comezo ás 11 da mañá na Casa-Museo cunha benvida por parte das entidades organizadoras, a Casa-Museo Manuel María, a Federación de entidades culturais Galiza Cultura e a asociación cultural e musical Solfa.

Despois, acompañados de gaiteiras e gaiteiros,realizarase unha ofrenda florar a Manuel María para logo continuar até a Carballeira de Santa Isabel.

Neste magnífico e especial espazo, ás 12 hrs, amenizaran a festa as bandas de Begonte-Rábade-Outeiro e de Solfa, así como o coro desta última.

 

Pola tarde, e tras o xantar , haberá unha foliada aberta que, alén de haber distintos grupos como Milesios, Pirilampo…que interpretarán unha serie de pezas, poderá participar dela quen goste. Contacta con nós en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no tel.698177621

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra