A Mesa pola Normalización Lingüística

A Academia Galega coincide coa Mesa en que o decretazo contra o galego “se debe derrogar xa”

Carlos Callón e Susana Méndez reclamaron que a Academia manteña unha postura continuada de defensa da lingua galega, nomeadamente fronte á Xunta e fronte ao Concello da Coruña.

Esta mañá mantiveron unha entrevista delegacións das dirección da Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, e da Real Academia Galega, a centenaria institución da lingua galega.

 

No encontro abordaron as recentes sentenzas sobre o decretazo contra o galego que emitiu o TSXG e ambas as entidades coincidiron en avaliar esta norma como un “despropósito” e en pediren que “se derrogue canto antes”.

 

O presidente e a vicepresidenta da Mesa (Carlos Callón e Susana Méndez) tamén lle reclamaron ao presidente e ao secretario da Academia (Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Axeitos) que a institución teña “unha postura activa de defensa do galego”, “seriedade á hora de estabelecer os referentes normativos” e que “colla forza asumindo a pluralidade da vida cultural galega”, tamén no que di respecto á presenza de mulleres académicas.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra