O Concello de Redondela incumpre a Lei de normalización lingüística
Santiago de Compostela, 06 de abril de 2018.- A Mesa pola Normalización Lingüístican denuncia que na versión en castelán da recentemente estreada páxina web do Concello de Redondela figuran topónimos deturpados como é o caso de playa Punta del Cabo ou Colmillo.
Este non é un caso illado dentro do incumprimento da Lei de normalización lingüísta por parte dunha administración pública, xa que días atrás por exemplo Adif-Renfe, dependente do Ministerio de Fomento, deturpou topónimos galegos en numerosas ocasións, algo que tamén acontece no Boletín Oficial do Estado.
Por iso non sorprende que no informe da Liña do galego do 2017 ao igual que en anos anteriores máis da metade, un 56%, das queixas, refírense á administración pública, tanto estatal como autonómica e local. Ademáis neste informe as queixas por deturpación toponímica representan un 18% do total das recibidas.
As administración pública deberían lembrar que a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística recolle no artigo 10 que “os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”, así como que “estas denominacións son as legais a todos os efectos”.
Co fin de cumprir esta obriga, lembrámoslle ao Concello de Redondela que pode consultar o Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra, e onde aparecen as formas toponímicas xenuínas e oficiais.
Así mesmo, desde a Mesa pola Normalización Lingüística solicitámoslle ao Concello de Redondela que corrixa os topónimos deturpados e empregue sempre as formas galegas oficiais.