CHARLA-COLQUIO / «A defensa da nosa toponimia» charla-coloquio

A Mesa pola Normalización Lingüística participará na charla-coloquio sobre a defensa da nosa toponimia organizada pola Agrupación Cultural Francisco LANZA esta quinta feira (xoves) 17 de novembro, ás 20,00h., na Casa do Vello Pancho en Ribadeo.

Participarán o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e en representación da agrupación, Francisco Campos Dorado, mariño mercante xubilado e gran estudoso do noso patrimonio.

Ademais, o Concello está a organizar unha exposición con documentación na que se acredita a tradición do nome “Ría de Ribadeo“. A exposición poderase visitar na Sala de Exposicións da Casa do Vello Pancho desde o día 17 até o 24 de novembro, e posteriormente noutro local do Concello que xa se fará público.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra