A dobraxe galega coa Iniciativa Xabarín

A Mesa pola Normalización Lingüística mostra o seu agradecemento ao sector da dobraxe polo vídeo de apoio á Iniciativa Xabarín, fundamental para o sector. Especial agradecemento a Antón Rubal, Xulia Rigueiro, Luís Iglesias, Nora Abad, Monti Castiñeiras, Tere Santamaría e Tacho González por poren a súa voz e cara nun vídeo no que se reivindica poder ver ficción internacional en galego e que os de fóra tamén podan ver ficción galega en galego e nas súas linguas.

Os e as profesionais mostran o seu apoio á Iniciativa Xabarín, impulsada pola Mesa e que reuniu máis de 33.000 sinaturas á ILP para instar o Goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra