A entidade cidadá propón facer “consumo responsábel” co cinema que “ten en conta” o galego acudindo a ver a longametraxe
Esta sexta feira (venres) 23 de marzo terá lugar en Galiza a estrea de Gartxot, konkista atzineko konkista (‘Gartxot, a conquista antes da conquista’), unha longametraxe de animación para adultos feita integramente en euskera que chega ás nosas salas con subtítulos en galego.
O filme, que se proxectará nos Multicines Compostela da capital de Galiza, vén precedido dunha moi boa acollida por parte do público e da crítica.
A Mesa, que ao longo da súa historia impulsou todo tipo de iniciativas sociais para lograr unha maior presenza do galego nas salas de cinema, parabeniza a iniciativa dos creadores e da produtora de Gartxot de subtitular o filme en galego no seu paso por Galiza e anima a cidadanía a apoiar aquelas producións que “teñen en conta” a nosa lingua acudindo a velas e difundindo a súa existencia.