A Mesa pola Normalización Lingüística anima o Foro que se celebra esta semana na illa da Toxa a corrixir o topónimo deturpado, tamén, no seu nome, despois de que a mobilización social conseguira que o evento empregue a denominación en galego, única lexítima e oficial, cando se refire á localidade, pero non na súa propia marca.
“Despois de anos de mobilización social sobre a denominación da illa”, observa o presidente da entidade, Marcos Maceira, “conseguimos que a web do Foro La Toja indique que éste terá lugar na Illa da Toxa, respectando por fin a única forma xenuína, lexítima e legal do topónimo, pero conservando o nome deturpado na propia marca”. Após a comprobar a rectificación no uso do topónimo, A Mesa anima agora á dirección do coñecido foro empresarial a completar a rectificación, mudando tamén o seu nome por Foro A Toxa. “Sen dúbida”, reflexiona Maceira, “esta acción permitiría evitar calquera confusión e amosaría respecto e consideración polo lugar de onde deriva esta denominación”.
A Mesa lembra que a toponimia é a pegada da lingua e cultura sobre o territorio e que as reclamacións de respecto polas formas auténticas da toponimia non se limitou á organización do citado foro empresarial, senón que tamén se extendeu a empresas internaconais como Google, que xa comenzaron a rectificar, ou mesmo públicas como RTV,E que chegou a responder mostrando un absoluto descoñecemento da legalidade e mesmo da xeografía galega.