Noticias

A Mesa anima para contribuir co Projeto Moas da Semente Compostela

PROJETO MOAS: Crowdfunding da Semente Compostela para a reforma das súas novas instalacións

Con este novo local pretenden centralizar recursos e loxística para poderen concentrar nun único espazo todas as súas propostas para un óptimo desenvolvemento.

A financiación para a compra do local xa a conseguiron, mais precisan un mínimo de 90.000 para poder reformalo.

Da Mesa pola Normalización Lingüística animamos a axudar a este proxecto entrando na páxina https://gl.goteo.org/project/projeto-moas e facendo unha achega económica

As Escolas de Ensino Galego Semente son umha iniciativa social sen ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, xunto com outros projetos semelhantes, as bases necesarias para a criación da Escola Nacional Galega.

Toman o seu nome das Escolas de Ensino Galego criadas a começo do século XX polas Irmandades da Fala, e impulsionadas por Leandro Carré e Ánxel Casal.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis